Posts

Showing posts from April, 2020

Estudo da Toponimia do concello de Cariño

Image
A toponimia do concello de Cariño é un reflexo da rica macro e micro historia das poboacións que aquí se asentaron e medraron. Xa que logo, atopamos desde innúmeros topónimos de orixe prerromana, entre os que temos Trebo (antigo  Trebula , nada que ver coa planta do trevo) ou a punta Varenta, parente etimolóxico do veciño Varis (Bares) . De aí pasamos aos de ecos de antigas villae , como Sismundi, Landoi ou Sandamil, nomes de tradición xermánica.  A páxina achega, pois, este percorrido, en orde alfabética, que pretendemos sexa usado como material de consulta para aqueles que tivesen interese polo que hai agochado tras dos nomes dos lugares. Nota: non reproducimos a lista exhaustiva, excluímos aqueles con significado transparente. ------------------------------------------------------ ABALISMA  (Cariño) Nos dicionarios de galego aparece o termo "balisma" coa acepción de "Estaca que se crava verticalmente nun terreo, para o acotar ou demarcar. É unha voz en us