Estudo da Toponimia do concello de Cariño
A toponimia do concello de Cariño é un reflexo da rica macro e micro historia das poboacións que aquí se asentaron e medraron.
Xa que logo, atopamos desde innúmeros topónimos de orixe prerromana, entre os que temos Trebo (antigo Trebula, nada que ver coa planta do trevo) ou a punta Varenta, parente etimolóxico do veciño Varis (Bares). De aí pasamos aos de ecos de antigas villae, como Sismundi, Landoi ou Sandamil, nomes de tradición xermánica.
A páxina achega, pois, este percorrido, en orde alfabética, que pretendemos sexa usado como material de consulta para aqueles que tivesen interese polo que hai agochado tras dos nomes dos lugares.
Nota: non reproducimos a lista exhaustiva, excluímos aqueles con significado transparente.
ABALISMA (Cariño)
Nos dicionarios de galego aparece o termo "balisma" coa acepción de "Estaca que se crava verticalmente nun terreo, para o acotar ou demarcar. É unha voz en uso na comarca.
AGUIÚNXO, O (Sismundi)
Diminutivo de aguia. Remite, por tanto, a un lugar no que costuman aniñar ou parar estas aves. Posiblemente teña un sentido metafórico, aludindo a altura ou penedos do lugar. Tampouco podemos descartar, ao se tratar dunha forma en singular, que remita ao alcume dun antigo posesor.
Hai outro "Aguiúnxos" en Mañón.
ALLADA DO REQUEIXO, A (A Pedra)
O talasónimo "allada", aínda que non figura nos dicionarios de galego, é recollido por Xosé L. Vilar coa acepción de “mancha de area de menor amplitude na superficie do fondo do mar” (cf. "Talasonimia da costa sur de Galicia").
Nesta zona debe ter a mesma acepción que, segundo Porto Dapena en Cedeira, como "pequeno entrante de mar –alí onde a costa fai unha leve curvatura–, caracterizado por unha certa tranquilidade das augas" (cf. aquí).
CACHOPEIRO, O (Landoi)
Lugar onde abundan as cachopas ou cachopos.
O dicionario define "cachopa" como 'toro (tronco) groso e vello, ben aínda en pé ou xa cortado'. Tamén como "cepo". Tronco seco, ou medio seco, de árbore, especialmente castiñeiro.
Para "cachopo", aclaranos que se "diferencia da cachopa en que esta indica árbore de maiores dimensións" (cf. aquí).
Considerando todo o anterior, un cachopal entenderíamolo como sinonimo de cepedal, lugar onde se cortou a madeira, posiblemente castiñeiros, e quedaron os cepos. É de notar que, dadas as acepcións existentes, tamén se podía interpretar como "lugar onde abundan as árbores caídas ou secas", pero isto sería improbable nunha cultura que aproveitaba ao máximo as árbores e non as deixaría esvaecer sen as aproveitar antes.
CACHOZA, A (A Pedra)
O apelativo "cachoza" está recollido no dicionario de Aníbal Otero como "Cova debaixo das raíces dalgunha árbore, que sirve de abrigo" (cf DdD).
CALEIRA, A (Feás)
Está recollido no Catastro de Ensenada para A Pedra (1752) ao describir os límites da freguesía.
É de notar que, aínda que o apelativo "caleira tamén corresponda co nome dunha planta, é improbable que sexa esta a interpretación correcta, sería estraño tal frecuencia de topónimos referidos ao nome dunha planta sen uso especialmente relevante. Canto máis sendo o nome en singular, referindo por tanto á presenza dunha única planta.
CALVARIO, O (Sismundi)
O topónimo "Calvario" refire xeralmente á existencia de cruces, ligadas ao culto do Via Crucis.
Na contorna o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra tamén varios topónimos deste nome en Ortigueira, concretamente en Loiba, Veiga, Devesos e Ladrido.
CALZADA, A (Landoi)
Topónimo transparente, aludindo a un camiño empedrado que pasaría por este lugar.
CAMPELO (Cariño)
O dicionario de Aguirre del Río recolle "campelo" coa acepción de "prado pequeno" (cf. L. Aguirre, 1858. "Diccionario del dialecto gallego"). Esta especialización do nome, xa non visto como puro diminutivo de campo, queda patente na toponimia con lugares como Campelín (Foz), cuxo diminutivo máis moderno en -iño semella mostrar que "campelo" xa non era percibido como diminutivo.
Por outro lado, tamén pode aludir ao apelido do propietario, (a finca do) Campelo.
CAMPOSA, A (Landoi)
O termo "camposa" indica un campo grande e chan (cf. DdD).
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, mormente nas provincias da Coruña e Lugo.
CANCELA, A (Feás, A Pedra, Cariño)
O significado é transparente, unha "cancela", do latín tardío cancella. Na toponimia dá nome a un terreo, curral ou lugar pechado por unha cancela, a cal evitaba o paso do gado e das persoas.
En paralelo á súa vixencia, o apelativo "cancela" cristalizou na toponimia ben cedo. Atopámolo como topónimo, a modo de exemplo, nun documento de 1399:
" .. outro tarreo que faz na cancela de Goente .."
Eladio Rodríguez, a respecto das cancelas, fai no seu dicionario un comentario etnográfico indicando a crenza de que antigamente se reunían as almas dos defuntos xunto delas e por iso non se pechan con violencia, para non mancar os espíritos que veñen do máis alá (cf. DdD).
CANDAEDO (A Pedra)
O termo "candedo" indica un garabullal, un lugar onde abundan os "candos", "garabullos", "guizos", "vara para alumar" (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
En Galicia rexístranse outros topónimos relacionados: Candaedo, Candaendo, a Canda, o Candal, Candaoso, Candaosa, Candaira, etc. En Asturias, León e Zamora existen as formas correspondentes Cándano, Cándana, Candanal, etc.
CAÑOTAS, AS (A Pedra)
O termo "cañota" refírese á ‘parte do talo que queda pegada á raíz despois de cortar unha árbore’.
A súa etimoloxía é pouco clara. Postúlase que pertenza á familia léxica do latín canna. Neste
caso, a presenza da nasal palatal –ñ–, documentada xa en atestacións medievais, explicaríase a partir dun derivado cannea– (*Canneotta, *caniotta). No entanto, non se pode descartar outra orixe.
CARABAL, O (A Pedra)
O topónimo "O Carabal" non o atopamos en ningún outro lugar da xeogafía galega, pero si atopamos varios "O Carbal" (por exemplo un en San Claudio, Ortigueira), que posiblemente fose a forma orixinaria do topónimo que nos ocupa.
En canto a "carbal", indicaría un lugar onde abundan as "carbas". O dicionario define "carba" como "especie de carballo, de folla miúda e mala calidade de madeira", tamén coa acepción de "carballo cerqueiro". Elixio Rivas recolle "carba" en Magazos (Viveiro) con esa acepción de carballo pequeno.
Non é mencionado "carbal" explícitamente por Navaza no seu estudo fitotoponímico, aínda que si recolle o apelativo "carba" (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Fóra da xeografía galega, si que atopamos varios "El Carabal" en Zamora , León, Salamanca, as cales poderían ter etimoloxía similar, mais o significados vanse alonxando ata o punto de haber pouca certeza de corresponderen realmente unha mesma motivación que a deste topónimo (cf. P. Riesco, 2011. "Testimonios toponímicos del léxico arcaico de las provincias leonesas").
Este topónimo, frecuente en Galiza, posiblemente referencia a ""cada unha das catro partes iguais en que se divide un monte.
Outra alternativa é a de referencia á "carta" de posesión, pois o significado do termo prestábase ao seu uso toponímico, do mesmo modo que outros vocábulos referentes aos distintos tipos de administración da propiedade das terras, tais como "Foro", que callaron como nomes de lugar, maiormente na microtoponimia.
Reforzando a hipótese das partillas, o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra múltiplas ocorrencias:
- "As Tercias" existe en Landoi, nas Negradas e Cabanas (O Vicedo), nas Nogais, etc,
- "As de Quintas" nas Nogais, en San Sadurniño ."Os Quintos" en Cariño e Cerdido,
- En Cedeira existe tamén "Os Tercios", "As Sétimas" e "As Oitavas".
Outra alternativa sería relacionado coa cuarta parte dunha propiedade foral, ou de terreos sometidos ao pago dunha renda equivalente á cuarta parte dos froitos. Isto está documentado noutros sitios, así o "Carto d Viño" en Beade, que refire a un foro. Porén, esta parece improbábel noutros casos, tais como unha "xesteira" no Valadouro, improbábel que fose un terreo sometido ao pago de tal renda.
CASÓN, O (A Pedra)
Aumentativo de "casa". Posiblemente "casón" deba interpretarse como aludindo a unha "casa grande", no sentido de "casa señorial".
CASTELO, O (A Pedra)
Topónimo con orixe na palabra latina castellum ‘forte, reduto’, diminutivo de castrum ‘campamento fortificado’. É un topónimo moi frecuente en Galiza.
A motivación deste topónimo pode vir tanto dunha fortificación medieval como por unha aplicación metafórica para nomear un outeiro do terreo, houbese ou non algún tipo de fortificación. Os vestixios de castros prehistóricos tamén reciben este nome, polo xeral ao estaren situados en lugares elevados no terreo, non por unha referencia a unha entidade xeográfica ou étnica dos pobos da Gallaecia durante a administración romana.
CATADOIRA (Cariño - lugar de Cariño de Arriba)
Podería ser "captatoria", posto de "observación" ou de "caza". É un topónimo frecuente, atopamos outras, por exemplo, na Régoa (Cedeira), Mañón, un Catadoiro en Vieiro, etc.
CAVADAS, AS (Cariño)
Alén do significado máis común referido a "terreo que foi cavado, xeralmente para dedicalo a cultivo", o apelativo "cavada" tén a acepción antiga de "foxo", do latín caua 'gabia, cova'.
O alemán G. Schulz, a mediados do século XIX, describía un método de cultivo que consistía nas "rozas" ou "cavadas”, usado en montes e zonas pendentes do oeste de Asturias e parte de Galicia
Diminutivo de "chá" ou de "chanceira", tal como recolleu Leandro Carré no seu dicionario (cf. DdD).
O uso do diminutivo antigo -ela (-cela) indícanos a antigüidade do topónimo, ou ben que o termo "chancela" se conservou na vocabulario común.
Aínda que os dicionarios recollen a acepción de "chancela" como sinónimo de "cancela", é máis probable a opción máis común indicada.
CHAO DOS CORGOS, O (A Pedra)
Os dicionarios rexistran "corgo" con varias acepcións, maiormente como "poza, charca", e nun sentido relacionado "pequenas foxas onde apoza a auga". Ten ademais o significado especializado de "poza onde se curte o liño". Cf. DdD.
Aínda que ten tamén a acepción menos estendida de "corga, corredoira", neste topónimo en plural non encaixa, non ten sentido que haxa un conxunto de corredoiras.
CHOUPONAS, AS (Landoi)
O nome deste con é transparente, indicándonos que auga choupa contra del, ou sexa que bate a auga e salpica.
CINTIEIRA, A (A Pedra)
Este topónimo alude a un lugar onde se cultivaba o centeo, ou propicio para o seu cultivo.
CONCHEIRA, A (Cariño)
Forma derivada de "concha", probablemente indicando abundancial.
A primeira interpretación sería a de "lugar onde se acumulan as conchas ou cunchas". Hai algúns casos claros como "Praia do Concheiro" en Baiona.
No entanto, tamén outras veces pode tratarse dun orónimo, referindo á forma de "concha" do terreo.
Alternativamente, Navaza indica que algúns dos topónimos "Concheiro" e similares poderían ser fitotopónimos, dada a acepción de 'noz' para "concho". Xa que logo, "Concheiro" sería sinónimo de "nogaredo", lugar onde abundan as nogueiras.
Navaza tampouco desbota que algún deles estea relacionado coa "herba concheira" escrophularia nodosa (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
CONDOMIÑA, A (Feás)
Do latín medieval condominia, plural de condomĭnĭum ‘condominio, terra de dominio compartido entre varios donos, señores ou posesores’.
Os topónimos que conteñen este nome son polo regular de orixe medieval e poden designar tanto núcleos de poboación como tamén herdades ou áreas rústicas que no pasado tiveron un réxime de propiedade desas características.
CORREGAL, O (A Pedra)
Forma derivada de "córrego", sinónimo de "corgo". En portugués aínda está viva a voz córrego '
EIRADO, O (Sismundi, A Pedra)
O termo "eirado" é definido no dicionario de Eladio Rodriguez como "pequena praza nun lugar", tamén chamado "eiró" e "quinteiro" (cf. DdD).
ESQUEIROS, OS (Cariño)
Grafía alternativa por "Espenuca". Unha espenuca indicaría a existencia dunha cova (cf DdD).
En canto á etimoloxía, derivaría do latín spelūnca ‘caverna, furna’. Hai dous topónimos atestados A Espiúca (Manzaneda, Ourense) e A Espenuca (Prada, Ourense; Coirós, A Coruña), atestados xa na Idade Media como spelunca e sepelunca (cf. F. Cabeza, 1992. "Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado").
Parece tratarse dun termo culto, marxinal no oeste peninsular. Cabeza Quiles lígao á cultura monástica da alta Idade Media.
Por outro lado, tamén se atopa a acepción de "folla do piñeiro". Se fose esta a orixe, indicaría un lugar abundante en fronza.
ESTOXA, A (A Pedra)
Aínda que os dicionarios de galego non recollen "estoxar" coa acepción de "quitar o toxo", cremos plausible interpretar como un derivado de toxo, co prefixo ex-, indicando aquí unha acción de extracción. Aludiría por tanto a unha finca que foi gañada ao monte. Mentres que en Ourol o Nomenclator rexistra unha A Estoxada, aquí está noutra forma, pero seria o mesmo sentido, igual que temos esfollada e esfolla.
FORCADAS, AS (Landoi)
Probablemente referindo a "(augas) forcadas", indicando unha bifurcación no río.
En efecto, a aplicación na toponimia, deste e doutros derivados de "forca" ( "Forcada", "Forcadela", "Forcadiña", "Forqueta") é relativamente frecuente, referindo xeralmente a unha bifurcación de río ou regato.
Noutros casos podería referir a bifurcación dun camiño, ou de montañas; neste último caso, sería no sentido de "desfiladeiro". A acepción de "forca" como "desfiladeiro", aínda que no galego actual non se rexistre, en portugués si que se conserva.
Dada a súa frecuencia en Galiza, podemos descartar totalmente que fosen orixinados nunha referencia ao aparello "forcada" ou "forqueta", pois sería un topónimo anecdótico e non se darían con tal frecuencia.
A mesma interpretación dáa Corominas na toponimia catalá, con alta frecuencia dos cognados "Forques", Forcat(s), Forcada (-es), Forcall, Forquet, aludindo a un accidente xeográfico, a unha bifurcación nun camiño, río, val ou barranco.
FORNELA, A (A Pedra)
Os dicionarios de galego definen a voz "fornela" como "boca do forno" e mais "sitio para a cinza, debaixo ou ao pé do forno" . Tamén ten a acepción metafórica de "alacena na parede" (cf. DdD).
A motivación para os topónimos Fornela e Fornelo(s) é xeralmente metafórica, para se refererir a dolmens ou a pequenas covas. Tal como indica Manuel Lorenzo, "díselle ás mámoas fornos e fornelas dos mouros" (cf. Toponimia de Dodro e de Laíño). Tamén indicou Almeida Fernandes que "a metáfora dolménica e a espeleológica são as únicas que, salvo casos especiais, podem satisfacer à congruência toponímica" (cf. A. de Almeida Fernandes, 1991-1993. "Taraucae Monumenta Historica - Livro das
Non se debe confundir "foxo" con "foso"("foxo" = port. fojo, cast. hoyo, mentres que foso = port. fosso, cast. foso) .
GÁNDARA, A (A Pedra, Landoi)
GÁNDARAS, AS (Landoi -lugar de Cabanán)
O termo "gándara", frecuente na toponimia galega, é de orixe prerromana, e ten varias acepcións, todas relativas a "terreo improdutivo, polo xeral chan".
GABEIRA, ILLA DA (Cariño)
A interpretación deste topónimo é sinxela, derivando do latín *gaviaria, abundancial de gavia ‘gaivota’, lugar frecuentado por tales aves. É de notar que, considerando isto, debería transcribirse como "Gaveira".
Atopamos múltiples topónimos análogos na costa galega, tales como “Punta Corveira”.
INFESTA, A (A Pedra)
O mesmo que "enfesta" 'cume, pico, lugar alto'. Cf. DdD.
INSUELA, A (A Pedra)
Diminutivo antigo de "insua". O termo "Insua" vén do latín insula 'illa', que deu tanto no portugués como no galego, as variantes "illa" e mais "insua".
O apelativo "insua" refire a terreo rodeado en parte pola auga, xeralmente por un río, podendo ser unha península no río, ou incluso un lugar no medio de dous ríos. Non é este o caso, pero tamén é asignado o topónimo "Insua" a illas costeiras, tal como acontece en Cariño coa "Insua Maior" e "Insua Menor".
Os topónimos Insua e Insuela son estremadamente frecuentes na xeografía galega. Atopamos un núcleo de poboación con este nome en San Claudio (Ortigueira).
LAGOA, A (Cariño, Landoi)
LAGOAS (Landoi)
Do latin lacuna 'concavidade'.
É interesante notar que, nese sentido de "concavidade" que se alaga, o topónimo "lagoa" está por veces asociado a lagoas artificiais, por veces formadas no "cono de violación" de mámoas, escavadas xa desde tempos moi antigos na busca de tesouros.
As primeiras mencións destas construcións rexístrase na Idade Media:
"per suis terminis ubi inueneritis lacos anticos et mamolas" (Tumbo de Celanova).
LANDOI (Landoi)
O nome desta freguesía deriva dun antigo (uilla) Nanthoi, indicando un “nome possessor” da uilla (granxa, casal, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica, no prototema nanth ‘valente’, e no discutido sufixo -oi.
Este topónimo vén recollido en documentos medievais, coa grafía “Nandoy”:
No século XVI xa figura como Landoy (cf. T. Gomez, 1829. "Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI").
Igualmente no 1752 mantén xa Landoy no Catastro de Ensenada para esta freguesía. Así mesmo no 1789 figura como Landoy (cf. "España dividida en provincias e intendencias y subdividida en partidos, corregimientos, ..").
A evolución de Nandoi para Landoi responde a un fenómeno común no galego, de disimilación da dobre nasal. Igualmente debeu ocorrer co actual Landín (O Mosteiro, Ortigueira). Así, o actual Lindín (Vilalba) está atestado como Nendin – este fenómeno non só se dá no galego: o francés “Château-Landon” foi Castellum Nantonis (SEVILLA, 1980:56).
Aínda que poderíamos pensar a priori nunha relación co céltico *nantu- ‘val, regacho’, podemos rexeitalo, xa que no galego mantense o grupo –nt-, sen alterar para –nd-.
LEIRA COVA, A (Landoi)
Moi probablemente neste lugar non exista ningunha cova, máis ben terá este nome nun sentido metafórico, e estar situada esta leira no fondo dunha pequena valgueira. Os dicionarios non rexistran esta acepción explícita para "cova", senón que a define como "caverna, cavidade natural ou artificial no terreo".
En efecto, moitos topónimos "Cova" adoitan indicar depresións do terreo, concavidade orográfica, xa que logo, non implicando que haxa unha furna ou caverna. É o caso, por exemplo, que rexistramos no núcleo de poboación d"A Cova", en Riobarba (O Vicedo).
A mesma opinión foi xa indicada por Navaza (cf. G. Navaza, 2007. "Toponimia de Catoira").
LENTÍAS, AS (Cariño)
Debe reemitir a unhas "terras lentías", posuidoras de lentura (humidade). De feito era unha zona de prados.
LENTILLEIRA (A Pedra)
O termo "lentilleira" debe remitir a un lugar onde abundan as plantas das "lentellas" ou ben que é un terreo propicio para o seu cultivo. Aínda que Gonzalo Navaza non o rexistra no seu estudo de fitotoponimia, si que rexistra "Lentellais" e "Lentellás" (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
LIÑARES (Landoi)
LODEIRO (A Pedra)
O termo "lodeiro" indica unha "lameira, terreo con lama".
Aínda que non se pode descartar unha segunda acepción, a da "árbore tamén chamada lamigueiro, lotus", cremos moi improbable, por ser un topónimo frecuente demais para facer referencia a unha arbre incomún. Cf. DdD.
LOÍAS, AS (A Pedra, Feás)
O nome destas terras probablemente faga referencia a algún posesor orixinario de Luía (Ortigueira), aínda que non se pode descartar que teña orixe directa prerromana. Para a orixe e significado de Luía, ver o blog Toponimia de Ortigueira.
LONGRAS (Cariño)
Forma alternativa por "lóngaras". Alude a (terras) lóngaras, 'terras alongadas'. En efecto, o termo "lóngara" está recollido en galego co significado de "terreo de forma alongada" (cf. Rivas Quintas, Frampas).
En canto á etimoloxía, termo "longara" xa aparece atestado en documentos galegos en latín do ano 936 (cf. CODOLGA):
MATAGALEGOS (Landoi)
MATAHOMES (A Pedra)
Probabelmente se trate de referencias xocosas, aludindo á dificultade para o seu tránsito debido á súa orografía (talvez nunha encosta), ou para o seu cultivo, quer por ser unha terra dura (barrenta talvez) ou con moitos coios.
PEDRA RECIMADA, A (Cariño)
Este pequeno illote é unha pedra que apenas sobresae do mar, diante dos Aguillóns.
Penso que a interpretación correcta para "recimada" é derivala do verbo *recimar "sobresaír, remontar ", derivado de "cima" (cume). Indicaría, xa que logo, unha pedra que sobresae da auga, o cal é o caso.
Aínda que o verbo recimar non o atopamos recollido no galego, non sería unha construción estraña ao galego, coa partícula intensiva re-, do mesmo xeito que re-cuncar, re-mexer, etc.
Significativo ou non, pero xa lonxe da nosa xeografía, atopamos "recimar" no occitano,
Por outro lado, poderíamos pensar nun adxectivo "recimada", entendido como unha caracterización da pedra "en forma de recimo" (os dicionarios de galego recollen como sinónimo de "acio"), aínda que non vexo que a referida pedra teña forma particular, polo que non semella moi plausible esta interpretación.
PENA DA AMIA, A (Cariño)
O topónimo "amosa" deriva da raíz paleoeuropea *am- 'suco, canle, cavar', frecuente en hidrónimos de orixe prerromana. "Amosa" é estudado explicitamente por Bascuas. Cf. p. 220 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega".
Hai múltiples hidrónimos relacionados, tais como "fonte da Amosa" en Recaré (O Valadouro).
PENA DO ORGAL, A (Cariño)
O máis probable é que se trate dun fitotopónimo, derivado do baixo latín ulicale, que indica un lugar onde abundan as urces (latín ulix/ulice). Aínda que Gonzalo Navaza non o recolle explicitamente no seu estudo de fitotoponimia, si que recolle o seu equivalente "Urgal" con esta mesma interpretación. Si aparece atestado "orgueira" no portugués antigo con este significado. Outros autores fan a mesma interpretación (cf. P. Riesco, "Medio natural y poblamiento en la toponimia mayor de Zamora").
Hai un "Os Orgales" en Tomiño (Pontevedra), e varios "Urgal" e "Urgalciño" en Oia (Pontevedra), e un "Urgal" na Guarda (Portugal). Cmo sabemos, en galego e portugués os "o" non acentuados moitas veces pronúncianse como "u" (realmente no galego trátase dunha pronuncia neutra, na cal non se distingue "o" de "u").
Por outro lado, Edelmiro Bascuas menciona a existencia do apelativo "orga" en León, así como o seu uso toponímico, repetidamente asociado a veigas, ríos e presas. Non menciona o abundancial "orgal", pero si menciona "orgosas", con similar significado (cf. E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega"). Podería, xa que logo, ter ese sentido hidronímico. Tratándose dunha "Pena do Orgal" pode parecer improbable, pero lembremos a movilidade de moitos topónimos, que ás veces pasan de dar nome a unhas terras amplas a soamente unha parte delas, ou o contrario, polo que puido dar nome orixinariamente a unha zona de veiga próxima.
Finalmente, é interesante notar que poderíamos pensar, ao ser unha zona de gheada, que se trate dun problema de antiga transcrición dun "Orjal", que presentaba <j> por se tratar da translación á grafía castelán dun /ʃ/ orixinario. Ou sexa, que foi considerado erroneamente este son como o da gheada e foi ultracorrexido a Orgal. Danse casos tamén de "gueada" nos apelidos, como en "Abeigón"(Abeixón > Abeijón > Abeigón). De feito, Ana Boullón atribúelle esta evolución para o apelido Orgueira (cf. A. Boullón, "O Dicionario dos apelidos galegos e a restitución das formas galegas"). No entanto, tendo en conta os múltiplos casos de "Urgal" e "Urgalciño" mencionados, non parece que todos sexan froito da "gueada", cremos que se pode descartar a orixe en "Orxal" para o topónimo que nos ocupa. Máis aínda, o feito de haber un "Urgal" en Portugal, onde non hai gheada nin por tanto gueada, lévanos a rexeitar esta hipótese.
PENEIRO, O (Sismundi)
A voz "peneiro" ten varias interpretacións, en xeral como variante de peneira e de aro de criba. Ao tratarse dun topónimo, é probable que "peneiro" remita a lugar no que abundan as penas, a un rochedo. Fáltanos a comprobación no terreo de tal existencia.
Alternativamente, aínda que improbable, tamén podería ser unha forma derivada de "peneirar". Dada a relativa frecuencia deste topónimo, non semella plausible que se trate dun alcume dun antigo posesor.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outro "Peneiro" no veciño concello de Ortigueira, así como outros trece no resto da xeografía galega.
PENÓN, O (A Pedra, Landoi)
Topónimo que alude á existencia neste lugar dun penasco de gran tamaño.
PENSO, O (Feás)
Este é un topónimo relativamente frecuente en Galiza; deriva do latín pensum, participio de pendere, indicando un "terreo en pendente".
PERTEGAZAS, AS (A Pedra, Feás)
Aínda que o apelativo "pertegaza" non vén definido no dicionario, si vén "portegaza" como 'División en una cuadra' (cf DdD).
Por outro lado, reparemos na voz "pértega" definida nos dicionarios como 'vara delgada e longa'.
Considerando o anterior, primeiramente indicar que a forma correcta debe ser "pertegaza", un adxectivo derivado de "pértega", do latín pertĭca, co sufixo -aza, do latín -acea. Con este sufixo, indícanos "feita con pértegas", no mesmo sentido que "(casa) pallaza" deriva de palla, indicando que foi construído con palla, ou "cortegaza" que foi feito con cortiza.
Esta interpretación encaixa perfectamente coa acepción de "pertegaza" no dicionario: foi aplicado ás divisións feitas nas cortes, por seren xeralmente feitas con pértegas (varas delgadas e longas, ás veces de canas ou canaveiras).
Volvendo ao caso que nos ocupa, "As Pertegazas" alude a elementos feitos con varas longas, talvez cabanas, ou talvez a que o lugar tiña o perímetro pechado con pértegas, como se fose unha sebe.
O uso toponímico é relativamente frecuente, así atopamos, "A Pertegaza" en Arteixo e no Val do Dubra, "As Pértegas" en Ribeira de Piquín, etc. Atopamos tamén "Pertegal" en Samos, que indicaría unha finca poboada con árbores novas que producen pértegas, talvez varas de abeleiras, longas e resistentes.
PETÓN, O (Cariño)
O nome "petón", con orixe na raíz oronímica prelatina *pett- 'prominencia, cume' e alude a un cume, un picouto, en particular cando se trata dun monte agudo (cf DdD).
Tamén pode aludir a unha rocha en punta que sobresae do mar ou próxima á superficie. Porén, non é o caso neste topónimo en concreto.
PISÓN, O (Sismundi)
Un "pisón" é similar a un "batán", máquina composta de grandes mazos que xiran para pisar os tecidos e darlles maior consistencia.
PLANTÍO, O (A Pedra, Feás, Sismundi)
POSTIÑA, A (A Pedra)
O nome deste lugar, situado na costa, debe aludir á acepción de posta pesqueira. Segundo o dicionario Estraviz "Lugar no mar assinalado previamente para lançar as redes de pesca". Poderían encaixar outras acepcións, pero esta é a máis probable tendo en conta que a maioría dos topónimos "Posta" están situados na costa, tales como "A Posta Longa" (Cervo) e "A Posta Alta" (Ribadeo).
POULA, A (A Pedra, Landoi, Cariño)
O apelativo "poula", do latín (ad) pabula, indica un terreo deixado inculto (cf. DdD). Procede do latín pabulu ‘alimento’.
RETORNO, O (Landoi)
Os topónimos "Torna", "Torno" e "Retorno" son bastante comúns na toponimia galega e, como topónimos, teñen probablemente unha orixe prerromana, cun significado de "chorro de auga", probablemente derivados da raíz hidronímica prerromana *ter- 'frotar, atravesar'.
Ver a entrada específica de blog Pena da Cataverna para máis detalles.
REVEIGÓN, O (A Pedra)
Aínda que o termo "reveigón" non apareza nos dicionarios, podémolo interpretar como forma intensiva de "veigón" ("o que é moi veigón").
Pola súa banda, o apelativo "veigón" é unha forma aumentativa de "veiga". Concretamente, "veigón" vén definido no dicionario de Aníbal Otero como "prado lagoso e extenso, cheo de xuncos".
É de notar que tamén pode tratarse dun "rego Veigón".
REVOLTA, A (A Pedra, Cariño, Landoi, Feás, Sismundi)
O nome destas terras probablemente se refire a unha curva nun camiño ou río.
RÍO LODEIRO (A Pedra)
O nome alude a un lugar polo que pasa o río, chamado "lodeiro", termo que fai referencia a unha "lameira, terreo con lama".
Ten tamén unha segunda acepción de "árbore tamén chamada lamigueiro, lotus", aínda que é moito menos probable, por ser un topónimo frecuente demais para facer referencia a unha árbore incomún.
RÍO LOURIDO (A Pedra)
O nome alude a un lugar polo que pasa o río, chamado "lourido", fitotopónimo que indica sitio no cal abundan os loureiros.
RÍO MONDELO (A Pedra)
Este toponimo fai referencia a un lugar con este nome, o cal ten a orixe nunha forma (uilla de) Mondellu, referindo un “possessor” altomedieval da uilla (granxa, explotación agrícola) chamado Mundellus, nome de orixe xermánica. En efecto, o nome está formado a partir da raíz xermánica *mund- 'protección' e mais o sufixo diminutivo latino -ellus.
SANGUIÑÁS (A Pedra)
Plural de "sanguiñal", que indican un sitio onde abundan os sanguiños, o arbusto cornus sanguinea, que ao lle pelar a casca, queda con cor vermella, semellante ao sangue.
É un topónimo frecuente na zona, atopámolo en Ortigueira e en Mañón, por exemplo.
SEIXO, O (Landoi)
Este topónimo está atestado no Catastro de Ensenada para Landoi (1752), referindo a existencia de varios muíños, un batán e mais un forno de cocer tella.
SERRÓN, O (Sismundi, Feás)
Un "serrón", en sentido figurado, indica unha "montaña apuntada e larga", o cal sería tamén este caso, aínda a falta de comprobalo no terreo.
Por veces é máis próxima a metáfora e indica rochas en liña, con varios picos, semellando a forma do serrón.
SÉTIMA, A (Landoi -lugar de Cabanán)
Este topónimo referenciaría a "cada unha das sete partes iguais en que se divide un monte".
SISMUNDI (Sismundi)
Este topónimo ten a orixe nunha forma *(uilla) Sismundi, referindo un “possessor” altomedieval da uilla ‘granxa, casal’ chamado Sismundus. É un nome de orixe xermánica, formado a partir das bases *sis ‘canto ritual ou funerario’, e *mundaz ‘protección, garda’.
É interesante lembrar que, aínda que o nome teña orixe xermánica, non se pode derivar en absoluto que o posesor da “granxa” tivese tal orixe, sendo apenas unha “moda” medieval.
Este lugar aparece atestado en 1488 como "Santo Esteuao de Sysmundi" (cf. ITGM). No final do século XVI figura como "Sismunde":
"La iglesia de Santisteban de Sismunde" (cf. aquí).
SUAVILA (A Pedra)
SUIGREXA (A Pedra)
SUPENIDO (Sismundi)
SUSPEREIRA (Feás)
Estas formas compostas proveñen, respectivamente, de So A Vila, So A Igrexa, So Penido, So Pereira.
A preposición "so", derivada do latín sub, é polo xeral interpretada co significado de "debaixo de". É de notar que, para sermos precisos, non sempre indica unha situación "pola parte de baixo de", senón que ten un sentido máis xeral como "ao pé de", "a carón de", "pegado a ". Cf. J. Gª Sánchez. "El elemento 'sub' (>so) en toponimia. Reconsideración de su valor".
TAÑO, O (Landoi)
Significado e orixe tan incerta como interesante.
O apelativo "taño" indica "vasilla, recipiente" (cf. DdD). Porén, no contexto de toponimia non é clara a relación, polo que a priori rexeitamos este significado.
Sexa cal for o significado, pode estar relacionado con "tañeira" e "tañizo", que indican unha "estrutura ou trenzado" de paus, dos cales derivan os significados "grade" e "estrutura de táboas que se pon a cada banda do carro". Así pois, "taño" designaría "varas, paus, táboas", talvez "varal".
Bascuas indica para "taño" que, se estivese relacionado con "tañeira", derivaría do celta *tannyo, e se tivese unha orixe hidronímica viría de *Tanio. Cf. p. 92 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia". 2006.
É importante indicar que, sexa cal for a orixe, na etimoloxía do termo tería presenza o sufixo *-io, un sufixo frecuente na hidronimia paleoeuropea.
É interesante tamén, do ponto de vista etimolóxico e metodolóxico, cómo dous topónimos de orixe incerta, Taño e Tañeira, se explican un co outro.
Existe outros "O Taño", como o que se atopa en Muras, localizado nunha zona de prados, o mesmo que ocorre no caso "A Tañeira", tamén en Muras, nunha zona de prados. Así parecce confírmarse a relación coa hidronimia, o cal torna moi probable unha orixe paleoeuropea, na raíz indoeuropea *ta- 'derreter, fluír", en particular co tema *tan-.
TELLEIRA (Feás, Landoi)
Lugar no que fabricaban tellas, aproveitando as terras barrentas do lugar.
TERCIAS (Landoi)
TERCIO (Landoi)
O topónimo Tercias, frecuente en Galiza, e igualmente "Tercio" remiten a "cada unha das tres partes iguais en que se reparte un predio".
TIÑOSO, O (Landoi)
O topónimo "Tiñoso", que dá nome a este con, é de orixe incerta. Á primeira vista, sería derivado de "tiña", que aínda que noutros casos remite nun sentido figurado a un monte pelado, con calvas na vexetación, no caso dun con pode deberse ás manchas causadas polos excrementos de aves que aniñan ou se pousan neste con.
VACARIZA, A (Cariño)Está recollido como "Bacariza" no Catastro de Ensenada para A Pedra (1752) ao describir os límites da freguesía.
Xa que logo, atopamos desde innúmeros topónimos de orixe prerromana, entre os que temos Trebo (antigo Trebula, nada que ver coa planta do trevo) ou a punta Varenta, parente etimolóxico do veciño Varis (Bares). De aí pasamos aos de ecos de antigas villae, como Sismundi, Landoi ou Sandamil, nomes de tradición xermánica.
A páxina achega, pois, este percorrido, en orde alfabética, que pretendemos sexa usado como material de consulta para aqueles que tivesen interese polo que hai agochado tras dos nomes dos lugares.
Nota: non reproducimos a lista exhaustiva, excluímos aqueles con significado transparente.
------------------------------------------------------
Nos dicionarios de galego aparece o termo "balisma" coa acepción de "Estaca que se crava verticalmente nun terreo, para o acotar ou demarcar. É unha voz en uso na comarca.
Este debe ser a motivación e significado deste topónimo, aínda que o Proxecto Toponimia de Galicia rexistre o topónimo coa forma escrita deste modo.
ABELEDO, O (Cariño)
O apelativo "abeledo" alude a un terreo no cal abundan (abundaron) as árbores chamadas abeleiras.
ACEDOS, OS (Feás)
ACEVEDO (A Pedra)
Os topónimos "aciveiral", "acevedo", "acivido", remiten a un lugar onde abundan os acevos, tamén chamados acivos ou acivros (Ilex aquifolium).
Non lonxe de Cariño, atopamos a variante "Acivido", dando nome a unha entidade de poboación de Couzadoiro.
ADEGA (Feás)
O apelativo "adega" indica un lugar onde se almacena o viño ou, por extensión, onde se gardan provisións, en particular aceite, amais do viño mencionado.
Tamén ten en galego a acepción de "casa pequena de planta baixa, pegada á casa principal, e que serve para gardar sementes, a gra, así como ferramentas e aínda aparellos de uso doméstico. No entanto, para un topónimo encaixa máis a primeira acepción.
ADRAMÁN (Cariño)
A acepción máis común da voz "adramán" é a relativa a unha clase de peixe.
Para un topónimo non encaixa ben, a non ser que remita ao alcume dun antigo posesor. Mellor encaixa unha das dúas seguintes acepcións, recollidas no dicionario de X. L. Franco (cf. DdD): 1.- Mato espeso e vizoso de calquera planta. 2.- Cepo grande e mal feito.

Aínda que poderíamos interpretar o topónimo como unha caracterización das terras, é estraño en todo caso, polo que a opción máis probable é que remita ao apelido ou alcume dun antigo propietario do lugar. De feito o apelido Acedo xa figura atestado no século XIII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
ACEVEDO (A Pedra)
Os topónimos "aciveiral", "acevedo", "acivido", remiten a un lugar onde abundan os acevos, tamén chamados acivos ou acivros (Ilex aquifolium).
Non lonxe de Cariño, atopamos a variante "Acivido", dando nome a unha entidade de poboación de Couzadoiro.
ADEGA (Feás)
O apelativo "adega" indica un lugar onde se almacena o viño ou, por extensión, onde se gardan provisións, en particular aceite, amais do viño mencionado.
Tamén ten en galego a acepción de "casa pequena de planta baixa, pegada á casa principal, e que serve para gardar sementes, a gra, así como ferramentas e aínda aparellos de uso doméstico. No entanto, para un topónimo encaixa máis a primeira acepción.
ADRAMÁN (Cariño)
A acepción máis común da voz "adramán" é a relativa a unha clase de peixe.
Para un topónimo non encaixa ben, a non ser que remita ao alcume dun antigo posesor. Mellor encaixa unha das dúas seguintes acepcións, recollidas no dicionario de X. L. Franco (cf. DdD): 1.- Mato espeso e vizoso de calquera planta. 2.- Cepo grande e mal feito.
AGUILLÓS, OS (Cariño)
O nome destes famosos illotes, plural de "aguillón", alude metaforicamente á forma destes, de rocha aguzada. O dicionario recollen para "aguillón" as acepcións de punta ou puga que pica, tanto de animal como artificial cando se engade a unha vara longa. Por extensión aplícase ás rochas en punta.
Esta voz procede do latín vulgar aquileō/aquileonis, que deu no portugués aguilhão, castelán aguijón, francés aiguillon, etc (cf. Corominas, DCECH, s.v. aguijada).
Xa Sarmiento decía a respecto dos Aguillóns:

Este Cabo de Ortegal es, sin duda, el promontorium Trileucum, o Trileucion, de Ptolomeo. Pero este le señala con dos nombres: Lapatia Cory. Isaaco Vosio, sobre Mela, notó que aquí hay dos sitios diversos, Lapatia y Cory. Lapatia, creo yo que es Labacengos, en la vicaría de Cedeira. De Cory, creyó Vosio que es el Corium de Marciano Heracleota, o el Touriñán que se traspuso. Yo creo que Cori es Cariño, junto al cabo. Y que Trileucion son los tres aguillóns de Cariño, que son tres islotes pelados, junto a la ensenada de Cariño, cerca del Cabo de Ortegal, al oriente. Y esos tres islotes dieron el nombre de Trileucon.
AGUIÚNXO, O (Sismundi)
Diminutivo de aguia. Remite, por tanto, a un lugar no que costuman aniñar ou parar estas aves. Posiblemente teña un sentido metafórico, aludindo a altura ou penedos do lugar. Tampouco podemos descartar, ao se tratar dunha forma en singular, que remita ao alcume dun antigo posesor.
Hai outro "Aguiúnxos" en Mañón.
O talasónimo "allada", aínda que non figura nos dicionarios de galego, é recollido por Xosé L. Vilar coa acepción de “mancha de area de menor amplitude na superficie do fondo do mar” (cf. "Talasonimia da costa sur de Galicia").
Nesta zona debe ter a mesma acepción que, segundo Porto Dapena en Cedeira, como "pequeno entrante de mar –alí onde a costa fai unha leve curvatura–, caracterizado por unha certa tranquilidade das augas" (cf. aquí).
Ver O REQUEIXO para máis detalles.
AMANEIRO, O (Cariño)
AMEIRO, O (Feás)
AMEIROS, OS (A Pedra)
Os apelativo "ameiro" e "ameneiro" remiten á árbore tamén chamada "amieiro" (xunto con amoeiro, abeneiro).
Estes topónimos aluden, por tanto, a un lugar onde existiu dita árbore.
Temos ademais tamén en Feás e en Landoi os topónimos "Amido(s)", conxunto de amieiros.
É interesante a variedade de formas que presenta esta árbore, incluso dentro dun mesmo concello. Así, atopamos tamén en Landoi o Monte Amenedo, así como en Cariño "O Amaneiro".
AMIA (Cariño)
O topónimo "amia" tén probablemente unha orixe prerromana, na raíz paleoeuropea *am- 'suco, canle, cavar', frecuente en hidrónimos desa orixe . Porén, este topónimo non é incluído explicitamente por Bascuas no seu estudo desta raíz (cf. E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
AMIDO (Landoi)
AMIDOS (Feás)
Os topónimos Amido, Amedo e Amoedo fan referencia a un lugar no que abundan os amieiros ou ameneiros. Ver "AMANEIRO" para máis detalles.
ANADA, A (A Pedra)
ANADAS, AS (A Pedra)
ANADA LONGA, A (A Pedra)
ANADA DO CABANEIRO, A (A Pedra)
A orixe é controversa.
Por un lado, atopamos no dicionario para "Anada" a acepción de "colleita anual", e Eladio Rodríguez recoólleo co sentido especializado de "abundancia", o cal podería encaixar cos topónimos, no sentido de "lugar que produce boa anada, boa colleita".
Por outro lado, aínda que "Anada" e "Aneiro" veñen recollidos no dicionario con acepcións relativas a "anual", non é o caso doutros como "Anido" para os que xa non encaixa. Tampouco encaixa para os topónimos "Anero" existentes en Cantabria, etc. Tendo todo isto en consideración, non podemos descartar a alternativa de teren, nalgúns casos, estes topónimos unha orixe na hidronimia prerromana, formado en base a un tema *an(n)-. Este tema foi estudado por Bascuas (cf. pp. 429-431 de E. Bascuas, "Mondoñedo y Valoría" in "Estudios Mindonienses" 17), que o vincula co radical céltico *an- ‘poza, pantano, lama’, do que deriva o galo anam ‘charco, poza’ ou o topónimo Guadiana (< wadi Ana).
ANEIROS (Landoi)
Por un lado, atopamos no dicionario para "Aneiro" a acepción de "árbore que da froita alternativamente un ano si e outro non" (cf. DdD). De aí podemos interpretar estes topónimos como "(agros) Aneiros": con árbores que dan froito un ano si e outro non, ou por extensión, terreos de colleitas irregulares que uns anos dan boa colleita e outros dana mala.
No entanto, non semella que encaixen se consideramos a existencia de varios "Anero" en Cantabria e outras zonas onde o dobre "n" do latín produciu "ñ", e por tanto eses "Anero" deberían ser **"Añero".
Ademais, aínda que os topónimos "Anada", "Aneiro" veñen recollidos no dicionario con acepcións relativas a "anual", non é o caso doutros como "Anido", para os que xa non encaixa. Tendo todo o anterior en consideración, cremos razoable pensar na posibilidade dunha orixe pre-latina, formado en base a unha raíz *ann-. Edelmiro Bascuas ligou ese tema *ann- co radical céltico *an- 'poza, pántano, lama', como o galo anam "poza" ou o topónimo "Guadiana".
Ademais das hpóteses anteriores, Cabeza Quiles propón (cf. aquí) unha orixe en "ameneiro" > *amneiro> aneiro. Porén, non hai constancia de tal evolución nin de exemplos análogos que o soporten.
ARMALLOS, OS (Cariño)
ARMALLOS DA COVA, OS (Cariño)
O nome desta punta costeira e destes illotes faría referencia á forma que teñen, que lembraría ao animal chamado armallo. Un "almallo" ou "armallo", aclara o dicionario que é un "touro, xato, boi fraco" (cf. aquí). Procede do latín animalia, via a medieval *anmallo.
Lembremos que hai outra punta costeira próxima á que se chama "Os Bois".
ASPERÓN, O (A Pedra)
Podemos interpretalo como "esporón" tamén indicaría a mesma topografía do terreo, en forma de "saliente", "couce", pola forma de 'pata de ave'. A orixe sería no gótico *spaura 'espora' (cf. DCECH), coincidente coa do francés éperon e do italiano sperone. De feito, atopamos en Muras o topónimo "Couce do Esperón", tautoloxía significando ambos termos "saliente".

Sen dúbida trátase dunha voz que alude a un accidente xeográfico, tal como se pode ver en documentación antiga onde se usa como referencia en deslindes (fonte: CODOLGA):
"... per illud Saxum et per illud Asperon et per pennam ..." (1128)
"... in monte de Reuoredo sicut diuidit per Asperon ..." (1220)."... intrat portum de Freixenedo, et deinde sicut diuiditur per Esperon , et inde per torrentem " (1234)
O mesmo termo "asperone" aparece nun deslinde en Asturias no 1100:
"... per illo asperone.." (cf. A. Gambra Gutiérrez, 1988. "Alfonso VI: Cancillería, curia e imperio, II". Colección Diplomática).
O dicionario confírmanos esta interpretación, pois "asperón" figura recollida no dicionario galego de Constantino García (1985), como sinónimo de esporón.
É interesante reparar que, tanto na documentación antiga como na toponimia, a forma máis común son Esperón e Asperón, en canto a frecuencia de "Esporón" é residual.
ATALAIA, A (Sismundi)
Unha "atalaia" designa un lugar de vixilancia; neste caso puido ser de vixilancia para a captura das baleas e similares que entraban na ría.
O apelativo "atalaia" deriva do árabe aṭ-ṭalā’iʕ "os sentinelas"; temos a voz "atalaieiro" co sentido de "vixilante, outeador de baleas".
A pesca da balea era común no Cantábrico desde antigo. Xa en 1286 hai documentada actividade baleeira no porto de Prioiro (Ferrol). Bares e San Cibrao aparecen citados en 1291.
Nos primeiros tempos, a actividade baleeira nas costas galegas era desenvolvida maiormente por pescadores vascos. No final do século XVI, os galegos xa desprazaran totalmente aos baleeiros vascos.
A captura intensiva neses séculos levaría á práctica extinción da especie nas costas galegas a finais do século XVII, cesando a actividade baleeira costeira (cf. aquí).
ATRAVESADOS, OS (Cariño, Sismundi)
Non alude o nome ao espírito ou comportamento dos donos destas fincas, senón á orientación que terán estas fincas con respecto das colindantes.
AURAS (Landoi)
AURAU (Sismundi)
Estes microtopónimos deben derivar do apelativo de orixe prerlatina aura estudado por Bascuas (cf. p. 190 de E. Bascuas, 2014. "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega").

O microtopónimo AURAU debe remitir a un antigo posesor destas terras, alcumado Aurau por ser oriúndo do val dun río antigamente chamado Aurio, para o que postulamos que sexa o actual val de Couzadoiro. Será, por tanto, o mesmo caso que Os Ouraos en Ortigueira, remitindo a posesores oriúndos do val do Oiro, as actuais freguesías de Couzadoiro e San Salvador de Couzadoiro (ver "Estudo da toponimia de Ortigueira" para máis detalles).
Tanto estes microtopónimos como tamén Os Ouraos e O Ourao de Cedeira deben ter idéntica motivación, así como o Ourao de Loiba.
Son, por tanto, casos idénticos aos seus cognados de Viveiro, as poboacións de Ourao e Os Ouraos, todos remitindo a orúndos dos ríos Aurio, ou ben deste Oiro ou do río Ouro mariñao (de onde procede "Valadouro" e As Oiras. Para comentarios detallados sobre "Ouro", ver "Estudo de toponimia de Foz" para máis detalles).
Para máis detalles, véxase X. L. González, 2024. "Mil topónimos opacos de castros e corgas Parte I" ).
No caso de AURAS pode conter directamente o apelativo indicado aura indicado.
AVIEIRA, A (Landoi)
O termo "avieira" corresponde a unha grafía alternativa por "aveeira", similar a "aveal", designa un lugar no que se cultivaba a avea, ou propicio para o seu cultivo.
BACELAR, O (Landoi)
De "bacelar", "lugar plantado de bacelos" (vides novas, nun terreo onde non se plantaran antes).
O termo "bacelo" vén do latín bacillum ‘bastonciño’, diminutivo de baculum ‘bastón’, ao lembrar os bacelos a forma dun bastón.
BANZADA, A (Landoi)
Os dicionarios recollen para "banzada" e "banzado" acepcións como "auga represada, ben dunha represa natural ou artificial, en particular as represas de muíños e batáns" (cf. DdD).
BAÑÓS, OS (Cariño)
A voz "bañón" designa en xeral unha salgadeira, artesa na que se salga e conserva a carne do porco; tamén designa a pía onde bebe o gado (cf. Estraviz).
No caso do topónimo que nos ocupa, Os Bañós de Soutullo, trátase de grandes alxibes de auga doce que canalizaban e almacenaban a auga do río Soutullo e que surtían os barcos, cando non había traída de auga.
BARALLA, A (Landoi)
O topónimo Baralla ten un significado e unha orixe controversa. En Galiza atopamos unha chea de "A Baralla", "As Barallas", así como as formas diminutivas "Baralloá", "Baralló" e "Baralloca", o que demostra que era un apelativo de uso común antigamente.
Segundo M. Pidal, derivaría do latín varalia 'sebe de varas'.
No galego medieval, e aínda conservado, "baralla" tiña o significado de "rifa, disputa". Algúns autores interpretan que se referiría a lugares onde xurdiron litixios pola súa propiedade ou usufruto. Porén, parece haber excesivos topónimos "Baralla", e semella unha excesiva cantidade de "rifas". Amais diso, non encaixaría nalgúns deles, como os mencionados Baralloca e Barallobre. Tampouco encaixarían ben outros "O Baralló". O profesor Bascuas tamén interpreta así o caso de "Baralláns".
A interpretación de orixe prerromana tamén é plausible. Bascuas asígnalles orixe na raíz indoeuropea *war- 'auga', podería ter esa orixe. Apoiando esta hipótese, reparamos no típico sufixo prerromano -oca < -okka para Baralloca, ou tamén "Barallobre", coa terminación -bre que se asocia ao celta -briga 'fortificación'.
BARANGAS, AS (A Pedra)
O nome destas terras probablemente teña un sentido hidronímico, relativo ás augas. En efecto, Bascuas relaciona topónimos similares co tema prerromano *war-, como Barangón (Ribeira de Piquín), atestado en 1306 como Varangon, Barizo (Malpica), atestado como Uarizo en 1019.

Este tema *war sería un derivado da raíz indoeuropea *awer 'humedecer, mollar, fluír' (cf. E. Bascuas "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega", 2014)
É interesante notar o topónimo "curmán" deste: da mesma raíz indoeuropea deriva Bares (Mañón), atestado no 916 como Uaris.
BARBEITOS, OS (Cariño)
O dicionario define "barbeito" como "terra de labor que se deixa descansar unha tempada sen sementar", ou tamén "terra de secaño".
BARCÓN, O (A Pedra)
BARCÓS, OS (A Pedra)
O topónimo "barcón" posiblemente se trate dun aumentativo de "barco", no sentido metafórico da orografía do terreo.
Por outra banda, Bascuas non descarta tampouco unha orixe hidronímica nunha forma *war-ko, a raíz indoeuropea *war 'auga, húmido'. Así, este sufixó -ón sería de orixe prerromana, frecuente na hidronimia (cf. p. 167 de E. Bascuas, 2014. "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega").
Os topónimos Barco e Barcón son relativamente frecuentes na toponimia galega, así temos outro "O Barcón" en Ortigueira e "Os Barcós" no veciño concello de Mañón.
Posiblemente se trate dun aumentativo de "barco", no sentido metafórico da orografía do terreo. Descoñecemos estes "Barcón" e "Barcós", pero no caso do de Mañón e o de Cabanas (O Vicedo) están situados nun lombo entre costas pronunciadas, polo que si semella ter sentido orográfico.
Por outra banda, Bascuas non descarta tampouco unha orixe hidronímica nunha forma *war-ko, a raíz indoeuropea *war- 'auga, húmido'. Así, este sufixó -ón sería de orixe prerromana, frecuente na hidronimia (cf. p. 167 de E. Bascuas, 2014. "Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega").
BARGO, O (Feás)
Un "vargo" ou "bargo" é unha laxe ou lousa delgada, por veces usada para separar fincas.
Indicaría un lastrado ou palizada, cos indicados vargos, cunha finalidade quer divisoria, quer de protección.
A orixe de "vargo" é prerromana, celta, o mesmo que en castelán várgano 'Cada uno de los palos o estacas dispuestos para construir una empalizada'. No medieval "Liber Testamentorum" da Catedral de Oviedo menciónase "facere sepes et varganos", onde tamén semella indicar unha clase de valado ou palizada.
BASTEIRA, A (A Pedra)
Segundo Navaza, Basteira é probablemente un "derivado do adxectivo basto, alusivo á vexetación basta ou mesta" (cf. G. Navaza, "Toponimia de Catoira").
Por outra banda, Moralejo interpretou os topónimos Basteira, Basteiro, Basteiriños como variantes de Besteira, Besteiro, Besteiriños (cf. p. 306, A. Moralejo, "Toponimia Gallega y Leonesa", 1977).
BATÁN, O (A Pedra)
Do latín battere, bater, golpear. Os antigos batáns de auga eran dispositivos destinados á operación de abatanar ou bater os panos ou teas de lá ou liño fabricados nos teares caseiros. O tecido era batido por dous mazos hidráulicos. O batido tiña como finalidade desengraxar o tecido e darlle corpo.
Os batáns ficaban ao pé dos ríos e ao funcionar facían gran ruído.
BOCA, A (A Pedra)

BOCA DA LEIRA, A (A Pedra)
BOCA DE FORNOS, A (A Pedra)
Topónimos de significado transparente, que aluden á situación como entrada ou acceso para algún terreo ou territorio. No No caso d'A Boca, alude á entrada a unha leira, que debeu ser de dimensións considerabeis, pois o topónimo A Boca da Leira tamén se conserva dando nome a outro lugar a rentes d'A Boca.

No caso da Boca de Fornos, está situada preto do lugar de Fornos. Sen coñecermos documentación sobre o lugar, podemos especular que sexa relativo a "fornos dos mouros", dolmens ou mámoas.
BOIS, OS (Cariño)
O termo "boi" neste topónimo, que dá nome a unha punta costeira, podería ser unha alusión metafórica aos animais deste nome, pola forma da punta costeira. Igualmente pode provir dunha raíz prelatina *boi- "rocha, pedra".
Autores como J. M. Piel identifican os relativamente frecuentes topónimos "Boi" co animal do mesmo nome. No entanto, pode tratarse dunha homonimia, e tratarse dunha raíz prelatina; de feito, moitas veces na toponimia galega os topónimos boi son relacionados con penas e rochedos ou penas (A Pena dos Bois, Boi Louro, Boi Pardo, Pedra de Boi, Serra do Boi). Se for este o caso, aludiría á situación ao pé dun penedo.
Dada esta homonimia, en xeral é dificil separar as alusións zoonímicas das litonímicas. Hai casos complexos de distinguir isoladamente, así as "Pena dos Bois" existentes en Muras e nas Negradas poden tanto aludir á forma das penas, como tamén a unha tautoloxía na cal "Bois" teña unha orixe litonímica.
Nalgúns casos, a alusión zoonímica é improbable, a non ser que fose metaforicamente pola forma dos penedos, como pode ser no caso do cantil do "Porto dos Bois" en Portocelo ou do con "Os Bois" en Foz, ou de puntas costeiras como "Os Bois" de Cariño.
Por outro lado, hai casos como "O Chao dos Bois" e "O Campo dos Bois" que semellan aludiren a un lugar onde se reunirían estes animais domésticos, para pastar ou para outras actividades.
BULLÓS, OS (Feás)
A maioría dos dicionarios definen bullón como "chaparrón, chubasco forte". Cremos que se trata de derivados da acepción orixinaria de "torrente" ou "regado, arroio" recollidas por Anibal Otero (1977) e Rivas Quintas respectivamente (cf DdD).
Faría referencia, xa que logo, á existencia de regatos. No entanto, ao ser en plural semella máis probable un significado máis próximo ao de "bulleiro" "sitio pantanoso ou onde nace a auga". Dese modo, pronunciaríase bullòs, con ò aberto, procedente dun antigo *uuliolos, derivada da raíz indoeuropea *wel- 'virar', presente na hidronimia, e estudada por Bascuas entre outros.
De feito, tal como ocorre co par "ulleiro" e "bulleiro", que són sinónimos e variantes da mesma voz prelatina, o mesmo ocorrería co par ulló / bulló. Tamén o topónimo focense "Bulla" podería ser unha variante de "Ulla", hidrónimo que dá nome ao coñecido río galego.
CABANEIRO, O (A Pedra -lugar de Cabanán)
Voz que debe remitir ou ben directamente a un habitante que vive nunha cabana (talvez con oficio de pastor) ou ben ao alcume ou apelido dun antigo posesor.

CABANÁN (A Pedra -lugar de Cabanán)
O lugar de Cabanán aparece atestado como villa Cabanai no ano 1111:
.." ecclesia sancti Iacobi de Nandoy, medietatem; villa Cabanai, cum tota sua directura .." (cf. E. Cal, 1984. "El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Colección documental").
Considerando a atestación de uilla Cabanai, semella que Cabanai remite ao nome do posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola) que estaría situada neste lugar. Canto ao nome concreto, énos descoñecido, e non atopamos un antropónimo **Capannanus ou **Capannanius, que derivaría da voz prerromana capanna 'cabana'.
Voz que debe remitir ou ben directamente a un habitante que vive nunha cabana (talvez con oficio de pastor) ou ben ao alcume ou apelido dun antigo posesor.
Neste caso, ao tratarse dun núcleo de poboación, semella encaixar mellor a primeira alternativa. Segundo Elixio Rivas, en Covelas (Ou), cabaneiro designa o labrador sen xugada. Neste senso, o dicionario de Aníbal recólleo como "o que ten gado doutro, a cambio dos seus produtos ou dun tanto na ganancia que deixen as crías".
No portugués figura recollido "cabaneiro" como "homem pobre que trabalha por conta d’outro" (cf. F. Braga Barreiros, 1917. "Vocabulário barrosão. Revista Lusitana, XX: 137-161" e
― 1937 "Vocabulário barrosão". Revista Lusitana, XXXV: 239-303).
Podemos tamén interpretalo como alcume ou apelido dun antigo posesor do lugar. Rosario Soto indica que este alcume xa está documentado como cabanarius no séc XII 'persoa de poucos recursos que vive nunha cabana', ou tamén a de persoa que entrega vacas a outro máis pobre para que as coide e dividir ganancias' (cf. R. Soto, "Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia"). Como apelido figura na documentación medieval do mosteiro de Caaveiro uns Petro e Roderico Cabaneiro.
É unha voz relativamente frecuente en Galiza na microtoponimia, como por ex. "O Cabaneiro" en Cerdido, dous no concello de Ferrol, etc. Como provinte de apelido ou alcume debe ser o caso do "Muíño do Cabaneiro" en Ames.
CADAVAL (A Pedra)
Lugar onde abundan os cádavos:"toxal queimado no que permanecen os cepos dos toxos en pé" (cf. DdD).
CACHEIRA, A (Cariño)
O nome "cacheira", de "cachar" 'cavar', está relacionado con "terreo de mato, de monte, que se roza e queima para sementar trigo ou centeo" .
Di Sarmiento:

"Cachar significa rozar y quemar un terreno lleno de matorrales para sembrar en él centeno o trigo. Cachada es esa heredad y cacheira un terreno muy espacioso para el mismo fin".
CACHOPEIRO, O (Landoi)
Lugar onde abundan as cachopas ou cachopos.
O dicionario define "cachopa" como 'toro (tronco) groso e vello, ben aínda en pé ou xa cortado'. Tamén como "cepo". Tronco seco, ou medio seco, de árbore, especialmente castiñeiro.
Para "cachopo", aclaranos que se "diferencia da cachopa en que esta indica árbore de maiores dimensións" (cf. aquí).
Considerando todo o anterior, un cachopal entenderíamolo como sinonimo de cepedal, lugar onde se cortou a madeira, posiblemente castiñeiros, e quedaron os cepos. É de notar que, dadas as acepcións existentes, tamén se podía interpretar como "lugar onde abundan as árbores caídas ou secas", pero isto sería improbable nunha cultura que aproveitaba ao máximo as árbores e non as deixaría esvaecer sen as aproveitar antes.
CACHOZA, A (A Pedra)
O apelativo "cachoza" está recollido no dicionario de Aníbal Otero como "Cova debaixo das raíces dalgunha árbore, que sirve de abrigo" (cf DdD).
CADRO, O (A Pedra)
Posibelmente neste caso aluda á forma do terreo, cadrada en lugar de alongada. Pero tamén podemos pensar que ese "Cadro" aludiría aos restos dunha edificación en cadro, en ángulo recto, que podería remitir talvez a restos romanos (a planta dunha vila ou outro edificio), dun castro, ou doutros restos d muros en forma de cadrado. Ver "O CURRO DO CADRO" para máis detalles desta interpretación en base a alusión a restos arqueolóxicos.
Puidera ter relación histórica coa proximidade do Pazo da Cerca e da Igrexa da Cerca, en canto a indicar a presenza de restos relacionados co pazo ou precursores del.
Está recollido no Catastro de Ensenada para A Pedra (1752) ao describir os límites da freguesía.
O topónimo remite a un "lugar onde se extrae o cal, ou forno onde se queima o cal" (cf. DdD).
É de notar que, aínda que o apelativo "caleira tamén corresponda co nome dunha planta, é improbable que sexa esta a interpretación correcta, sería estraño tal frecuencia de topónimos referidos ao nome dunha planta sen uso especialmente relevante. Canto máis sendo o nome en singular, referindo por tanto á presenza dunha única planta.
CALVARIO, O (Sismundi)
O topónimo "Calvario" refire xeralmente á existencia de cruces, ligadas ao culto do Via Crucis.
Na contorna o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra tamén varios topónimos deste nome en Ortigueira, concretamente en Loiba, Veiga, Devesos e Ladrido.
CALZADA, A (Landoi)
Topónimo transparente, aludindo a un camiño empedrado que pasaría por este lugar.
CAMPELO (Cariño)
O dicionario de Aguirre del Río recolle "campelo" coa acepción de "prado pequeno" (cf. L. Aguirre, 1858. "Diccionario del dialecto gallego"). Esta especialización do nome, xa non visto como puro diminutivo de campo, queda patente na toponimia con lugares como Campelín (Foz), cuxo diminutivo máis moderno en -iño semella mostrar que "campelo" xa non era percibido como diminutivo.
Por outro lado, tamén pode aludir ao apelido do propietario, (a finca do) Campelo.
CAMPOSA, A (Landoi)
O termo "camposa" indica un campo grande e chan (cf. DdD).
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, mormente nas provincias da Coruña e Lugo.
CANCELA, A (Feás, A Pedra, Cariño)
O significado é transparente, unha "cancela", do latín tardío cancella. Na toponimia dá nome a un terreo, curral ou lugar pechado por unha cancela, a cal evitaba o paso do gado e das persoas.
En paralelo á súa vixencia, o apelativo "cancela" cristalizou na toponimia ben cedo. Atopámolo como topónimo, a modo de exemplo, nun documento de 1399:
" .. outro tarreo que faz na cancela de Goente .."
Eladio Rodríguez, a respecto das cancelas, fai no seu dicionario un comentario etnográfico indicando a crenza de que antigamente se reunían as almas dos defuntos xunto delas e por iso non se pechan con violencia, para non mancar os espíritos que veñen do máis alá (cf. DdD).
CANDAEDO (A Pedra)
O termo "candedo" indica un garabullal, un lugar onde abundan os "candos", "garabullos", "guizos", "vara para alumar" (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
En Galicia rexístranse outros topónimos relacionados: Candaedo, Candaendo, a Canda, o Candal, Candaoso, Candaosa, Candaira, etc. En Asturias, León e Zamora existen as formas correspondentes Cándano, Cándana, Candanal, etc.
O termo "cañota" refírese á ‘parte do talo que queda pegada á raíz despois de cortar unha árbore’.
A súa etimoloxía é pouco clara. Postúlase que pertenza á familia léxica do latín canna. Neste
caso, a presenza da nasal palatal –ñ–, documentada xa en atestacións medievais, explicaríase a partir dun derivado cannea– (*Canneotta, *caniotta). No entanto, non se pode descartar outra orixe.
CARABAL, O (A Pedra)
O topónimo "O Carabal" non o atopamos en ningún outro lugar da xeogafía galega, pero si atopamos varios "O Carbal" (por exemplo un en San Claudio, Ortigueira), que posiblemente fose a forma orixinaria do topónimo que nos ocupa.
En canto a "carbal", indicaría un lugar onde abundan as "carbas". O dicionario define "carba" como "especie de carballo, de folla miúda e mala calidade de madeira", tamén coa acepción de "carballo cerqueiro". Elixio Rivas recolle "carba" en Magazos (Viveiro) con esa acepción de carballo pequeno.
Non é mencionado "carbal" explícitamente por Navaza no seu estudo fitotoponímico, aínda que si recolle o apelativo "carba" (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Fóra da xeografía galega, si que atopamos varios "El Carabal" en Zamora , León, Salamanca, as cales poderían ter etimoloxía similar, mais o significados vanse alonxando ata o punto de haber pouca certeza de corresponderen realmente unha mesma motivación que a deste topónimo (cf. P. Riesco, 2011. "Testimonios toponímicos del léxico arcaico de las provincias leonesas").
CARDIÑEIRAS (Cariño)
O termo "cardiñeira" pode indicar, o mesmo que "cardieira", "cardial", "cardoso", un lugar onde abundan os "cardos", denominación xenérica de varias especies de plantas. Descoñecemos, obviamente, a cal especie se refire este topónimo.
Aínda que o topónimo "Cardiñeira(s)" non vén recollido por Navaza no seu estudo sobre fitotoponimia, si veñen "cardieira", "cardial" (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").

CARIÑO (Cariño)
[Nota: esta entrada foi escrita partindo do meu artigo escrito en "Terras do Ortegal" nº2 (2015)]
Este topónimo xa aparece mencionado nos séculos X e XII:
ano 932 “ terminos certos de rivulo Ortigaria, usque in terminos de Carinio” (ANDRADE, 1995),
ano 1101: “portione mea in villa de Carino” (MONTERO DÍAZ, 1935).
Canto á etimoloxía, o máis probable é que se trare dun derivado do tema prerromano *kar(r)- cun significado de “rocha” ou de “dureza, protuberancia dura”.
Os topónimos de orixe prerromana derivados da base *kar-, *kor- abondan en Galiza. Así atopamos a serie cos sufixos típicos da toponimia prerromana:
Caraña, Caraño, Caranza, Carazo, Carnota, Corme, Corrubedo, Coroño, etc.
Segundo E. Bascuas, topónimos como “Cariño”, “Caraño”, “Carazo” estarían asociados coa raíz *kar-, quer a indoeuropea *kar- ‘duro’, ou a preindoeuropea *kar- ‘pedra’. Do mesmo modo, J. J. Moralejo inclúe “Cariño” neste conxunto de orixe prerromana, e indica que, aínda sendo varias as posibles orixes das formas en car-,

“a opción máis verosímil é a relativa a que nomeen terreos rochosos ou areosos, elevacións ou cimeiras.” (MORALEJO, 2010:107).
En concreto, esta raíz *kar(r)- ‘pedra, rocha’, frecuente na toponimia de Europa occidental, é xeralmente considerada indoeuropea, aínda que sexa discutida a súa “patrimonialidade” indoeuropea ou a súa adopción (RIVET,1979: 288; VILLAR e PRÓSPER 2005: 450-452). Tamén pode ser interpretada a partir da raíz indoeuropea *kar- “duro” (POKORNY, 2005:531-2). Non afondamos máis na orixe desta complexa raíz *kar-, á que o filólogo F. Krüger lle dedicou un libro enteiro (KRÜGER, 1956).
As formas célticas en *car- son consideradas de orixe indoeuropea (FALILEYEV 2012: 76). Entre tales formas célticas parece razoable supor moito dos topónimos galegos arriba indicados, incluíndo “Cariño”.
Outra hipótese, igualmente plausible, é derivalo de Carinus ou Carinius, nome persoal de orixe latina, que referiría ao antigo posuidor da villa ‘granxa’ (CABEZA QUILES, 2014,:218).
Esta sería tamén a orixe de “Carín” (S. Cilla do Valadouro, Foz), derivando de *(villa) Carinii, ‘granxa pertencente a Carinius’. Fóra de Galiza temos “Cariñena” < *(villa) Cariniana, dun posesor altomedieval do mesmo nome Carinius.
En resumo, aínda habendo outras interpretacións plausibles, tendo en conta o antedito, inclinámonos por derivar este topónimo dunha forma céltica *car-, a partir da raíz indoeuropea *kar- ‘duro’.
CARROCEIRO, O (Cariño)
CARROCEIROS, OS (Landoi)
Gonzalo Navaza recolle este topónimo no seu estudo de fitotoponimia, citando a interpretación que fixo Piel para este topónimo, adscribínoo á planta chamada "carrizo". Menciona ademais que posteriormente J.L. Pensado, en base aos documentos do P. Sobreira confirman plenamente dita adscrición (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
Por outro lado, os dicionarios non nos aportan máis pistas, pois recollen "carroceiro", pero con acepcións pouco ou nada axeitadas para un topónimo.
Finalmente, é de notar que tampouco encaixaría e a interpretación máis simple, de se tratar do alcume (estraño) dos posesores do terreo. De feito, ao atoparmos máis "Carroceiro(s)" na xeografía galega, non encaixa tal suposición, pois sería improbable tal abundancia dese alcume dando nome a tantos topónimos.
Atopamos, por exemplo, o topónimo "Os Carroceiros" en Cervo.
CARTAS, AS (A Pedra)As formas célticas en *car- son consideradas de orixe indoeuropea (FALILEYEV 2012: 76). Entre tales formas célticas parece razoable supor moito dos topónimos galegos arriba indicados, incluíndo “Cariño”.
Outra hipótese, igualmente plausible, é derivalo de Carinus ou Carinius, nome persoal de orixe latina, que referiría ao antigo posuidor da villa ‘granxa’ (CABEZA QUILES, 2014,:218).
Esta sería tamén a orixe de “Carín” (S. Cilla do Valadouro, Foz), derivando de *(villa) Carinii, ‘granxa pertencente a Carinius’. Fóra de Galiza temos “Cariñena” < *(villa) Cariniana, dun posesor altomedieval do mesmo nome Carinius.
En resumo, aínda habendo outras interpretacións plausibles, tendo en conta o antedito, inclinámonos por derivar este topónimo dunha forma céltica *car-, a partir da raíz indoeuropea *kar- ‘duro’.
CARROCEIRO, O (Cariño)
CARROCEIROS, OS (Landoi)
Gonzalo Navaza recolle este topónimo no seu estudo de fitotoponimia, citando a interpretación que fixo Piel para este topónimo, adscribínoo á planta chamada "carrizo". Menciona ademais que posteriormente J.L. Pensado, en base aos documentos do P. Sobreira confirman plenamente dita adscrición (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
Por outro lado, os dicionarios non nos aportan máis pistas, pois recollen "carroceiro", pero con acepcións pouco ou nada axeitadas para un topónimo.
Finalmente, é de notar que tampouco encaixaría e a interpretación máis simple, de se tratar do alcume (estraño) dos posesores do terreo. De feito, ao atoparmos máis "Carroceiro(s)" na xeografía galega, non encaixa tal suposición, pois sería improbable tal abundancia dese alcume dando nome a tantos topónimos.
Atopamos, por exemplo, o topónimo "Os Carroceiros" en Cervo.
Este topónimo, frecuente en Galiza, posiblemente referencia a ""cada unha das catro partes iguais en que se divide un monte.
Outra alternativa é a de referencia á "carta" de posesión, pois o significado do termo prestábase ao seu uso toponímico, do mesmo modo que outros vocábulos referentes aos distintos tipos de administración da propiedade das terras, tais como "Foro", que callaron como nomes de lugar, maiormente na microtoponimia.
Reforzando a hipótese das partillas, o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra múltiplas ocorrencias:
- "As Tercias" existe en Landoi, nas Negradas e Cabanas (O Vicedo), nas Nogais, etc,
- "As de Quintas" nas Nogais, en San Sadurniño ."Os Quintos" en Cariño e Cerdido,
- En Cedeira existe tamén "Os Tercios", "As Sétimas" e "As Oitavas".
Outra alternativa sería relacionado coa cuarta parte dunha propiedade foral, ou de terreos sometidos ao pago dunha renda equivalente á cuarta parte dos froitos. Isto está documentado noutros sitios, así o "Carto d Viño" en Beade, que refire a un foro. Porén, esta parece improbábel noutros casos, tais como unha "xesteira" no Valadouro, improbábel que fose un terreo sometido ao pago de tal renda.
CASÓN, O (A Pedra)
Aumentativo de "casa". Posiblemente "casón" deba interpretarse como aludindo a unha "casa grande", no sentido de "casa señorial".
CASTELO, O (A Pedra)
Topónimo con orixe na palabra latina castellum ‘forte, reduto’, diminutivo de castrum ‘campamento fortificado’. É un topónimo moi frecuente en Galiza.
A motivación deste topónimo pode vir tanto dunha fortificación medieval como por unha aplicación metafórica para nomear un outeiro do terreo, houbese ou non algún tipo de fortificación. Os vestixios de castros prehistóricos tamén reciben este nome, polo xeral ao estaren situados en lugares elevados no terreo, non por unha referencia a unha entidade xeográfica ou étnica dos pobos da Gallaecia durante a administración romana.
CASTRO, O (A Pedra, Cariño, Feás)
A voz "castro", do latín castrum 'castelo, fortaleza', designa un poboado fortificado de época prerromana e/ou romana, situado en lugar estratéxico (xeralmente nun alto) e defendido con sólidas murallas. En toda Galiza estímase que hai restos de cinco mil castros, o cal dá idea dun poboamento moi intenso e disperso (cf. A. López Carreira, 2016, p. 73. "Historia de Galicia").
É de notar que no caso das poboacións que conservan este topónimo, moitas veces non se atopan no lugar orixinario do castro senón a certa distancia (aínda que nalgúns casos o poboamento continuou ata hoxe na mesma situación do castro orixinario). Por outro lado, os lugares orixinais quedaron no imaxinario popular, percibidos como enclaves nos cales residía o elemento sobrenatural: tesouros, túneis, mouras de cabelos louros etc.), moitas veces sacralizados mediante a construción de ermidas.
Coa conquista romana e posterior romanización, os castros sufriron unha transformación en aldeas galaico-romanas, dándose un abandono progresivo, ao mudaren as prioridades xeográficas, non primando xa a situación estratéxica defensiva e perdendo o uso as murallas (o cal constatan os restos de edificacións alén das murallas ou aproveitando as mesmas murallas). As aldeas galaicorromanas estabelecéronse xeralmente en lugares diferentes dos castros orixinais, pois primaba agora a proximidade ás vías de comunicación, ás terras cultivadas e aos cursos fluviais (cf . J. C. Sánchez Pardo, 2008. "Territorio y poblamiento en Galicia entre la Antigüedad y la Plena Edad Media"). Este proceso de abandono dos castros aconteceu paulatinamente entre os séculos I e III.
Podería ser "captatoria", posto de "observación" ou de "caza". É un topónimo frecuente, atopamos outras, por exemplo, na Régoa (Cedeira), Mañón, un Catadoiro en Vieiro, etc.
CAVADAS, AS (Cariño)
Alén do significado máis común referido a "terreo que foi cavado, xeralmente para dedicalo a cultivo", o apelativo "cavada" tén a acepción antiga de "foxo", do latín caua 'gabia, cova'.
O alemán G. Schulz, a mediados do século XIX, describía un método de cultivo que consistía nas "rozas" ou "cavadas”, usado en montes e zonas pendentes do oeste de Asturias e parte de Galicia
“cuya cubierta vegetal se cava, seca y quema una vez cada cierto número de años, sembrando y recogiendo una cosecha de trigo, a la que sirve de abono la ceniza de la vegetación quemada”.
Podería ser, por tanto, un sinónimo de "rozas".
CAXIGUEIRA (A Pedra)
Alusión a un terreo onde abundan os caxigos (cf. RAG).
CELEIRO, O (A Pedra)
Do latín tardío cellarium, e faría referencia a "edificación para despensa, silo, lugar onde se almacenan provisións, hórreo" (cf. DdD).
Na Idade Media, estas construcións eran parte do entorno dunha casa rural, granxa ou entidade monástica. A súa función era de lugares para a conservación e procesamento de produtos, maiormente cereais e viño, para o cal dispoñían de arcas para gardar a gra e cubas para gardar o viño. . (cf. p. 201, X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil").
Hai autores que postulan se os "celeiro" poderían facer referencia aos hórreos de tipoloxía galega. A documentación medieval existente fai rexeitar esta suposición, se ben, tal como indica Xaime Varela, nalgúns casos poderían ter esta acepción, e de feito actualmente "celeiro" pode ser sinónimo de "hórreo" na lingua galega (cf. p. 202, X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil").
CEPEIRA, A (Feás)
Indica abundancia de cepas de viña ou de cepos de árbores en xeral.
O topónimos "Cepeira" son recollidos por Navaza no seu estudo de fitotoponimia coa interpretación que indicamos (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
Probablemente se tratase de cepas de viña. De feito, no dicionario de Eladio Rodríguez recolle "cepal" como sinónimo de viña (cf DdD).
CERNADA, A (Landoi)
O termo "cernada" viría do latín (terra) cinerata 'terra queimada'. Tería relación con sitios de monte onde se facían actividades de "roza": facían borralladas ao queimaren os toxos e outros arbustos, que servían de abono para despois plantar o cereal (maiormente centeo).
Di Risco:

"Nas terras de montaña, vese ao lonxe polo vrau arder o monte en moitos lados, dando de día un basto fume azul que vai empardecendo conforme sube, e véndose de noite as luces e o resprandor das flamas baixas, coma se estiveran acendendo braseiros eiquí e acolá. Ollando ao lonxe, as máis das veces é o fume o único que se move na calma azul da largancía". Vicente Risco, "Terra de Melide".
CHAELO (Landoi -lugar de Cabanán)
CHAELO, O (A Pedra)
Os termos chaelo, chenlo e chelo proveñen do latín vulgar *planellu, diminutivo de planus 'chan'.
O profesor Pensado defíneo como "superficie plana e alongada que, como unha canle, que queda entre dous ribazos" (cf. M. Sarmiento. "Catálogo de voces y frases de la lengua gallega", ed. de J. L. Pensado).
É un topónimo frecuente, de feito hai outro Chaelo en San Claudio (Ortigueira) que dá nome a un núcleo de poboación.
CHANCELA, A (Sismundi)CHAELO, O (A Pedra)
Os termos chaelo, chenlo e chelo proveñen do latín vulgar *planellu, diminutivo de planus 'chan'.
O profesor Pensado defíneo como "superficie plana e alongada que, como unha canle, que queda entre dous ribazos" (cf. M. Sarmiento. "Catálogo de voces y frases de la lengua gallega", ed. de J. L. Pensado).
É un topónimo frecuente, de feito hai outro Chaelo en San Claudio (Ortigueira) que dá nome a un núcleo de poboación.
Diminutivo de "chá" ou de "chanceira", tal como recolleu Leandro Carré no seu dicionario (cf. DdD).
O uso do diminutivo antigo -ela (-cela) indícanos a antigüidade do topónimo, ou ben que o termo "chancela" se conservou na vocabulario común.
Aínda que os dicionarios recollen a acepción de "chancela" como sinónimo de "cancela", é máis probable a opción máis común indicada.
CHAO DOS CORGOS, O (A Pedra)
Os dicionarios rexistran "corgo" con varias acepcións, maiormente como "poza, charca", e nun sentido relacionado "pequenas foxas onde apoza a auga". Ten ademais o significado especializado de "poza onde se curte o liño". Cf. DdD.
Aínda que ten tamén a acepción menos estendida de "corga, corredoira", neste topónimo en plural non encaixa, non ten sentido que haxa un conxunto de corredoiras.
CHOUPONAS, AS (Landoi)
O nome deste con é transparente, indicándonos que auga choupa contra del, ou sexa que bate a auga e salpica.
CINTIEIRA, A (A Pedra)
Este topónimo alude a un lugar onde se cultivaba o centeo, ou propicio para o seu cultivo.
CONCHEIRA, A (Cariño)
Forma derivada de "concha", probablemente indicando abundancial.
A primeira interpretación sería a de "lugar onde se acumulan as conchas ou cunchas". Hai algúns casos claros como "Praia do Concheiro" en Baiona.
No entanto, tamén outras veces pode tratarse dun orónimo, referindo á forma de "concha" do terreo.
Alternativamente, Navaza indica que algúns dos topónimos "Concheiro" e similares poderían ser fitotopónimos, dada a acepción de 'noz' para "concho". Xa que logo, "Concheiro" sería sinónimo de "nogaredo", lugar onde abundan as nogueiras.
Navaza tampouco desbota que algún deles estea relacionado coa "herba concheira" escrophularia nodosa (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
CONDOMIÑA, A (Feás)
Do latín medieval condominia, plural de condomĭnĭum ‘condominio, terra de dominio compartido entre varios donos, señores ou posesores’.
Os topónimos que conteñen este nome son polo regular de orixe medieval e poden designar tanto núcleos de poboación como tamén herdades ou áreas rústicas que no pasado tiveron un réxime de propiedade desas características.
CORREGAL, O (A Pedra)
Forma derivada de "córrego", sinónimo de "corgo". En portugués aínda está viva a voz córrego '
rego por onde corre bastante água' e 'caminho apertado entre montes = desfiladeiro' (cf. Priberam).
Vendo o lugar, preto da Mámoa de Fornela, e polo cal pasa un brazo do Rego do Loureiro, semella máis probable a acepción de "rego por onde corre bastante auga", aínda que non parece ser o caso actualmente.
CORTIÑA, A (A Pedra, Cariño)
CORTIÑAS, AS (Cariño, Landoi)
Do latín tardío cohors ‘sitio cerrado’, do cal derivou cohortina ‘cortiña’ (e tamén cohorticulum ‘cortello’).
Unha cortiña remite a unha leira que orixinariamente estaba pechada, situadas preto da casa, un eido traballado e estercado no que se plantan legumes e hortalizas.
COSTELA, A (Landoi)
O termo "costela", do latín *costanĕlla, diminutivo de *costana, á súa vez derivado de costa, ludindo por tanto a un terreo costento.
Este diminutivo -ela, derivado do latín –ĕlla (feminino de –ĕllu), foi totalmente substituído en galego polo sufixo –iña, comezando xa esta substitución na Idade Media.
COTO DOS CÁPAROS, O (Sismundi)
O apelativo "cáparo" aplícase a un corzo, en particular á cría do corzo (cf DdD).
En canto a "coto", indica "Parte máis alta dun monte, que ten forma cónica." (cf. RAG).
COUCE, O (A Pedra)
Esta palabra ten múltiples acepcións. Nestes casos viría de calce "calcañar", e designa metaforicamente un "sitio de forma semicircular que remata en terraplén ou baixada pronunciada".
Tamen Rivas Quintas indica que o topónimo couce aparece con frecuencia cun sentido topográfico de ‘fondal’, “base de monte” (cf. E. Rivas, "Lingua galega, historia e fenomenoloxía". 1989).

O Catastro de Ensenada para Landoi (1752) rexistra o "Coude de aresto" ao definir os límites da freguesía.
COUTADO, O (Sismundi)
O dicionario define "coutado" como "terreo cercado" (cf. DdD).
COVELO, O (Feás)
COVELOS, OS (Cariño)
A voz "covelo" é o diminutivo de "covo", e remite a un "lugar no fondo dunha concavidade".
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza (cf. A. Santamarina, 2008 "Covelo, covela, cubelo, cubela. Un problema gráfico e etimolóxico").
CROA, A (Landoi -lugar de Cabanán)
O termo "croa" ven de "coroa", cima de monte redondeada, moitas das veces a parte alta dun castro.
CRUZ DO MEIXÓN, A (Sismundi)
O topónimo “A Cruz do Meixón” sería orixinado na referencia a unha cruz situada próxima a unha antiga casa ou pousada.
Aínda que os dicionarios galegos recollen “meixón” como “cría da anguía”, igualmente nos dicionarios de portugués co análogo “meixão”, tamén está recollida unha segunda acepción de “mansión, albergue, taberna, casa”. Así, Leiras Pulpeiro defíneo como “taberna” (LEIRAS PULPEIRO, 1906). Nesta liña, Ramón Lorenzo interpreta as referencias medievais de “meixón” (meison, mansion, meiion, meyion, meigiom, etc) como “mansión”, con exemplos moi claros, tales como o texto de 1059 "inter mansion frigido et medolas", ou na Cronica Geral "et dentro ẽna vila muytos meyiões et teedas de grandes rendas" (LORENZO, 1968).
Na toponimia, “Meixón” é xeralmente interpretado con esta acepción de “mansión, casa, albergue”. Cremos que esta é a hipótese máis plausible, como xustificamos de seguido, aínda que haxa outras interpretacións, como as que o asocian con “meseta”.
CUBILOTE, O (Landoi)
Diminutivo de "cubil", no sentido de "refuxo, madrigueira".
CUCHAREGO, O (Cariño -lugar da Vacariza)
CURRO DO CADRO, O (Cariño)

Alternativamente, podemos interpretalo como en referencia ao apelido dun antigo posesor. O apelido Coutado xa figura atestado en Galiza no século XIII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
COVELO, O (Feás)
COVELOS, OS (Cariño)
A voz "covelo" é o diminutivo de "covo", e remite a un "lugar no fondo dunha concavidade".
Aínda que varios autores indican que "covelo/a" e similares a priori poderían corresponder tanto cun diminutivo de "covo/a" como de "cubo/a", Santamarina demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a(s) e Cubelo/a(s) galegos remiten a *cova e non a cupa, chegando a suxerir a posibilidade de que cuba non presentase derivados toponímicos en Galiza (cf. A. Santamarina, 2008 "Covelo, covela, cubelo, cubela. Un problema gráfico e etimolóxico").
CROA, A (Landoi -lugar de Cabanán)
O termo "croa" ven de "coroa", cima de monte redondeada, moitas das veces a parte alta dun castro.
CRUZ DO MEIXÓN, A (Sismundi)
O topónimo “A Cruz do Meixón” sería orixinado na referencia a unha cruz situada próxima a unha antiga casa ou pousada.
Aínda que os dicionarios galegos recollen “meixón” como “cría da anguía”, igualmente nos dicionarios de portugués co análogo “meixão”, tamén está recollida unha segunda acepción de “mansión, albergue, taberna, casa”. Así, Leiras Pulpeiro defíneo como “taberna” (LEIRAS PULPEIRO, 1906). Nesta liña, Ramón Lorenzo interpreta as referencias medievais de “meixón” (meison, mansion, meiion, meyion, meigiom, etc) como “mansión”, con exemplos moi claros, tales como o texto de 1059 "inter mansion frigido et medolas", ou na Cronica Geral "et dentro ẽna vila muytos meyiões et teedas de grandes rendas" (LORENZO, 1968).
Na toponimia, “Meixón” é xeralmente interpretado con esta acepción de “mansión, casa, albergue”. Cremos que esta é a hipótese máis plausible, como xustificamos de seguido, aínda que haxa outras interpretacións, como as que o asocian con “meseta”.
CUBILOTE, O (Landoi)
Diminutivo de "cubil", no sentido de "refuxo, madrigueira".
CUCHAREGO, O (Cariño -lugar da Vacariza)
Forma derivada de "cocho" 'porco', "mamífero da familia dos súidos". Debe remitir a goridas de cochos bravos.
A forma cucharego inclúe o sufixo -ego, de orixe prerromana, presente en moitos outros topónimos, do mesmo modo que "lamego" de lama, "Navego" de navia, "Balsego" de balsa, Pallarega de palla etc.
Este topónimo debeu ter vitalidade como apelativo, pois está rexistrado na maioría dos concellos da comarca, tanto no Ortegal como na Mariña, coherentemente co feito de ser 'cocho' a voz máis común para se referir ao "porco".
É de notar que estes topónimos non teñen relación coa acepción que dá o dicionario de Carré Alvarellos, como “leira pequena dedicada a leña ou a prado”, pois non parece que teña tido tanta vitalidade na fala de toda a comarca para quedar só como topónimo.
É interesante reparar que, mentres na maioría dos casos se perdeu a forma -u- fronte a -o- nas -o- pretónicas etimolóxicas, neste topónimo preservouse maioritariamente na gran maioría dos topónimos, probablemente polo influxo do castelán "cuchara".
CURRO DO CADRO, O (Cariño)
Na mesma pequena península, deshabitada, o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra ademais a "Punta do Cadro", "A Costa do Cadro", "O Peirao do Cadro", "Cantiles do Cadro", etc. Fan todos eles, pois, referencia a un "cadro" que debeu existir nesa península. Podemos pensar que ese "Cadro" aludiría aos restos dunha edificación en cadro, en ángulo recto, que podería remitir talvez a restos romanos (a planta dunha vila ou outro edificio) ou dun castro. Estas cementacións en escuadra resultarían pouco comúns para os poboadores da Idade Media. En efecto, Pascual Riesco asígnalle esta orixe arqueolóxica a varios "Escuadro" existentes na provincia de Zamora e noutras (cf. P. Riesco, 2019. "Toponimia de la provincia de Zamora. Panorámica documental, ...").
A respecto do apelativo "curro", este designa un "Cercado de madeira ou de pedra onde se concentra o gado ceibo do monte, especialmente cabalarías e vacas" (cf. RAG).
Xaime Varela, analiza este termo no seu estudo da documentación medieval galega, concluíndo en que un "curro" designaba un recinto valado para a cría do gando no campo, en liña co significado recollido nos dicionarios galegos (cf. X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil").
Para o topónimo que nos ocupa, situado nunha chaeira abrigada, confírmase esta interpretación, pois nel se sitúa un sitio arqueolóxico medieval catalogado de explotación gandeira. Ramil González indica a hipótese de se tratar dun curro medieval, un cercado para estabular gando trashumante" (cf. E. Ramil, 1999. "Historia de Cariño. Da Prehistoria á etapa Altomedieval. Excavacións Arqueolóxicas na Comarca do Ortegal"). Incidindo no anterior, Fernández Abella indica que se trata dun "cadro de estructuras circulares de entre 15 e 20 m. de diámetro, de muros ciclópeos " (cf. D. Fernández, 2016." Apuntes de arqueología medieval en el Ortegal" in Terras do Ortegal nº 3).
CURUTELA, A (A Pedra -lugar de Cabanán)
Alusión a un pequeno curuto, parte elevada na que se sitúa o lugar. É interesante reparar no sufixo -ela, que deixou paso ás formas diminutivas en -iño, -iña xa na Idade Media. Por iso, é de supoñer que o topónimo en cuestión remonta á Idade Media.
Xaime Varela, analiza este termo no seu estudo da documentación medieval galega, concluíndo en que un "curro" designaba un recinto valado para a cría do gando no campo, en liña co significado recollido nos dicionarios galegos (cf. X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil").
Para o topónimo que nos ocupa, situado nunha chaeira abrigada, confírmase esta interpretación, pois nel se sitúa un sitio arqueolóxico medieval catalogado de explotación gandeira. Ramil González indica a hipótese de se tratar dun curro medieval, un cercado para estabular gando trashumante" (cf. E. Ramil, 1999. "Historia de Cariño. Da Prehistoria á etapa Altomedieval. Excavacións Arqueolóxicas na Comarca do Ortegal"). Incidindo no anterior, Fernández Abella indica que se trata dun "cadro de estructuras circulares de entre 15 e 20 m. de diámetro, de muros ciclópeos " (cf. D. Fernández, 2016." Apuntes de arqueología medieval en el Ortegal" in Terras do Ortegal nº 3).
CURUTELA, A (A Pedra -lugar de Cabanán)
Alusión a un pequeno curuto, parte elevada na que se sitúa o lugar. É interesante reparar no sufixo -ela, que deixou paso ás formas diminutivas en -iño, -iña xa na Idade Media. Por iso, é de supoñer que o topónimo en cuestión remonta á Idade Media.
EIRADO, O (Sismundi, A Pedra)
O termo "eirado" é definido no dicionario de Eladio Rodriguez como "pequena praza nun lugar", tamén chamado "eiró" e "quinteiro" (cf. DdD).
EIXO, O (Feás)
Topónimo de difícil interpretación, tanto para este lugar como para lugar d'O Eixo de Vilaestrofe (Cervo), o de Foz, o de Cerdido, etc. A priori, semella un claro galego eixo, latín axis, pero a motivación para ese significado tórnase complicada. Segundo Bascuas, é probable unha orixe hidronímica, nunha forma prerromana indoeuropea *aps- 'auga' (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
ESQUEIROS, OS (Cariño)
Aínda que o apelativo "esqueiro" teña varias significacións, neste caso concreto, dada a forma dos illotes aos que dá nome, o significado correspóndese co de "pequena escaleira".
ESPINUCA, A (Cariño)Grafía alternativa por "Espenuca". Unha espenuca indicaría a existencia dunha cova (cf DdD).
En canto á etimoloxía, derivaría do latín spelūnca ‘caverna, furna’. Hai dous topónimos atestados A Espiúca (Manzaneda, Ourense) e A Espenuca (Prada, Ourense; Coirós, A Coruña), atestados xa na Idade Media como spelunca e sepelunca (cf. F. Cabeza, 1992. "Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado").
Parece tratarse dun termo culto, marxinal no oeste peninsular. Cabeza Quiles lígao á cultura monástica da alta Idade Media.
Por outro lado, tamén se atopa a acepción de "folla do piñeiro". Se fose esta a orixe, indicaría un lugar abundante en fronza.
ESTEIRO DE ABAIXO (Feás)
ESTEIRO DE ARRIBA (Feás)
ESTEIRO DE ARRIBA (Feás)
O apelativo "esteiro" ten o mesmo significado que "estuario", "enseada". É a voz patrimonial que evolucionou no galego, en canto "estuario" é unha forma culta, retomada do latín.
Aínda que os dicionarios de galego non recollen "estoxar" coa acepción de "quitar o toxo", cremos plausible interpretar como un derivado de toxo, co prefixo ex-, indicando aquí unha acción de extracción. Aludiría por tanto a unha finca que foi gañada ao monte. Mentres que en Ourol o Nomenclator rexistra unha A Estoxada, aquí está noutra forma, pero seria o mesmo sentido, igual que temos esfollada e esfolla.
FEÁS (Feás)
Plural de “feal”, lugar onde abunda o “feo” (‘herba que se seca para forraxe’) ou propicio para el.
Por extensión, “feal” indicaría “prado que se sega”. Así, na documentación medieval atopamos exemplos como
“ ... e deuesas e feaes e cortes e cortiñas, ...” (cf. CODOLGA).
O étimo do topónimo “feal” é o latín vulgar fenu, xunto co sufixo locativo-abundancial -ale. Foi estudado, entre outros, por J. M. Piel (PIEL, 1948) e Moralejo Lasso (cf. A. Moralejo, 1977. "Toponimia gallega y leonesa"), e máis recentemente por G. Navaza (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
Nos finais do século XVI atopamos esta localidade xa atestada como : "La iglesia de S. Pedro Dos Feas", con artigo (cf. aquí). No século XVII segue aparecendo co artigo: "San Pedro Dosfeás" (cf. Censo de la Sal, 1631). No século XVIII figura como "Feás" (cf. "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).

FIGUEIROA (A Pedra)
Diminutivo de figueira. Atopamos aquí o antigo sufixo diminutivo -oa, derivado do latino -ola. Segundo nos comenta Carolina Pérez, este sufixo volveuse improdutivo no romance galego desde época ben temperá, e aparece hoxe cristalizado nalgúns topónimos, como é este o caso (cf. C. Pérez, "O sufixo diminutivo -ŎLA na toponimia galega").
Este topónimo é interesante dun punto de vista lingüístico, pois móstranos a variante nesta zona -oa, fronte a outras variantes como -oá, -úa, etc. No entanto, tampouco podemos desbotar que faga referencia ao apelido do antigo posesor.
FONTAO (A Pedra)
Figura atestado no Catastro de Ensenada para A Pedra (1752) ao describir os muíños da freguesía.
Deriva do latín medieval (agru) fontanu, derivado de fons "fonte" (cf. A. Moralejo, 1977. "Toponimia gallega y leonesa"). De feito, neste lugar localízase unha tautolóxica "Fonte do Fontao".
Probablemente referindo a "(augas) forcadas", indicando unha bifurcación no río.
En efecto, a aplicación na toponimia, deste e doutros derivados de "forca" ( "Forcada", "Forcadela", "Forcadiña", "Forqueta") é relativamente frecuente, referindo xeralmente a unha bifurcación de río ou regato.
Noutros casos podería referir a bifurcación dun camiño, ou de montañas; neste último caso, sería no sentido de "desfiladeiro". A acepción de "forca" como "desfiladeiro", aínda que no galego actual non se rexistre, en portugués si que se conserva.
Dada a súa frecuencia en Galiza, podemos descartar totalmente que fosen orixinados nunha referencia ao aparello "forcada" ou "forqueta", pois sería un topónimo anecdótico e non se darían con tal frecuencia.
A mesma interpretación dáa Corominas na toponimia catalá, con alta frecuencia dos cognados "Forques", Forcat(s), Forcada (-es), Forcall, Forquet, aludindo a un accidente xeográfico, a unha bifurcación nun camiño, río, val ou barranco.
FORNELA, A (A Pedra)
Os dicionarios de galego definen a voz "fornela" como "boca do forno" e mais "sitio para a cinza, debaixo ou ao pé do forno" . Tamén ten a acepción metafórica de "alacena na parede" (cf. DdD).
A motivación para os topónimos Fornela e Fornelo(s) é xeralmente metafórica, para se refererir a dolmens ou a pequenas covas. Tal como indica Manuel Lorenzo, "díselle ás mámoas fornos e fornelas dos mouros" (cf. Toponimia de Dodro e de Laíño). Tamén indicou Almeida Fernandes que "a metáfora dolménica e a espeleológica são as únicas que, salvo casos especiais, podem satisfacer à congruência toponímica" (cf. A. de Almeida Fernandes, 1991-1993. "Taraucae Monumenta Historica - Livro das
doações de Tarouca, I/1: Documenta; I/2: Indices & Studia (Anthroponymia); I/3: Indices & Studia (Toponymia) (Institutiones) (Communia Verba)").
No caso do topónimo que nos ocupa, esta referencia arqueolóxica é bastante evidente, xa que ao pé do lugar atópase a Mámoa de Fornela.
FOXO, O (Sismundi)
O apelativo "foxo", do latín fovea, indica unha furada, un furado grande. Moitas veces os foxos eran trampas para lobos e outras alimarias. En efecto, o uso máis frecuente de foxo estaba ligado á caza. Di Viterbo (cf. Viterbo, "Elucidário", 1798):
"era e é o fojo uma cova funda e redonda para tomar lobos e outras feras".
Por tanto, neste lugar talvez houvese unha trampa (para caza de animais) ou talvez indique simplemente un desnivel (valado) do terreo ou incluso a existencia dunha cova.
Os "foxos" para a caza de lobos e outras alimarias eran de responsabilidade comunal. Nun documento de 1623 o Corrixidor asinaba unha orde de prender a dous veciños de San Pantaión e de Riobarba por non acudiren a pechar o foxo. Os veciños tiñan o labor

"desde muchos siglos a esta parte, el remontar, correr y exterminar los muchos osos, lobos, jabalíes y otras fieras igualmente nocivas que se propagan en las montañas de aquella inmediación para impedir los estragos que solían causar no solo en los sembrados, sino en los ganados y poblaciones” (cf. Torrente; 1999)
Non se debe confundir "foxo" con "foso"("foxo" = port. fojo, cast. hoyo, mentres que foso = port. fosso, cast. foso) .
GÁNDARAS, AS (Landoi -lugar de Cabanán)
O termo "gándara", frecuente na toponimia galega, é de orixe prerromana, e ten varias acepcións, todas relativas a "terreo improdutivo, polo xeral chan".
GARGACIDO (Cariño)
Posiblemente de "Gorgacido", forma abundancial de "gorga", o mesmo que os sinónimos "Gorgosa" e "Gorgal" que atopamos tamén na xeografía galega.
En efecto, atopamos unha ducia de "Gorga" na xeografía galega, así como as correspondentes formas abundanciais en "A Gorgosa" e "O Gorgal", coa variante "O Guergal".
En canto a "gorga", aínda que haxa unha planta deste nome, dada a abundancia deste topónimo, cremos que se trata dun hidrónimo, referencia a augas, e estaría relacionado coa acepción "gorgo" como hidrónimo, xa rexistrada por Sarmiento

"... es gorgo en gallego un remanso de agua, sitio propio para que a él vayan a desovar las salmonas".
Para máis detalles, véxase o artigo no blog Pena da Cataverna.
GABEIRA, ILLA DA (Cariño)
A interpretación deste topónimo é sinxela, derivando do latín *gaviaria, abundancial de gavia ‘gaivota’, lugar frecuentado por tales aves. É de notar que, considerando isto, debería transcribirse como "Gaveira".
Atopamos múltiples topónimos análogos na costa galega, tales como “Punta Corveira”.
O mesmo que "enfesta" 'cume, pico, lugar alto'. Cf. DdD.
INSUA MAIOR (Cariño)
INSUA MENOR (Cariño)
INSUA MENOR (Cariño)
O termo "Insua" vén do latín insula 'illa', que deu tanto no portugués como no galego, as variantes "illa" e mais "insua".
Aínda que o apelativo "insua" refire a terreo rodeado en parte pola auga, podendo ser unha península no río, ou incluso un lugar no medio de dous ríos, non é este o caso, pois trátase de illas costeiras.
Diminutivo antigo de "insua". O termo "Insua" vén do latín insula 'illa', que deu tanto no portugués como no galego, as variantes "illa" e mais "insua".
O apelativo "insua" refire a terreo rodeado en parte pola auga, xeralmente por un río, podendo ser unha península no río, ou incluso un lugar no medio de dous ríos. Non é este o caso, pero tamén é asignado o topónimo "Insua" a illas costeiras, tal como acontece en Cariño coa "Insua Maior" e "Insua Menor".
Os topónimos Insua e Insuela son estremadamente frecuentes na xeografía galega. Atopamos un núcleo de poboación con este nome en San Claudio (Ortigueira).
LAGAR, O (Landoi)
Topónimo transparente, lugar de pisado da uva para a produción de viño.
A produción de viño na zona debeu ser elevada, segundo os rexistros existentes. Na toponimia quedaron os reflexos dos "lagares", das "viñas", dos "bacelares", etc.
A mediados do século XIX os viñedos sufriron a praga do oidium, que apareceu en 1852, e que acabaría en moi pouco tempo coas viñas. Dous anos despois xa non se recolleu en toda a comarca nin un só barril de viño e comezaron a arrincar as viñas, das que xa soamente quedaría os topónimos.
LAGOAS (Landoi)
Do latin lacuna 'concavidade'.
É interesante notar que, nese sentido de "concavidade" que se alaga, o topónimo "lagoa" está por veces asociado a lagoas artificiais, por veces formadas no "cono de violación" de mámoas, escavadas xa desde tempos moi antigos na busca de tesouros.
As primeiras mencións destas construcións rexístrase na Idade Media:
"per suis terminis ubi inueneritis lacos anticos et mamolas" (Tumbo de Celanova).
LAMESTRA (Feás)
O termo "lamestra" é derivado de "lama", de orixe prelatina. Nestes casos "lama" ten o significado de "terreo de pastos para o gado". O sufixo -estra, correspondente co sufixo latino -astra, con significado pexorativo.
É un termo relativamente frecuente na toponimia galega, así, encontramos "As Lamestras" en Morás (Xove), "Rego da Lamestra" en Alfoz, A Lamestra" en Foz, etc.
O nome desta freguesía deriva dun antigo (uilla) Nanthoi, indicando un “nome possessor” da uilla (granxa, casal, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica, no prototema nanth ‘valente’, e no discutido sufixo -oi.
Este topónimo vén recollido en documentos medievais, coa grafía “Nandoy”:
“Ecclesia Sancti Iacobi de Nandoy” en 1111 (cf. E. Cal, 1984. "El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Colección documental").“friigesia de Santiago de Nandoy” en 1349 (CAL PARDO, 1999:149-150).
Igualmente no 1752 mantén xa Landoy no Catastro de Ensenada para esta freguesía. Así mesmo no 1789 figura como Landoy (cf. "España dividida en provincias e intendencias y subdividida en partidos, corregimientos, ..").
A evolución de Nandoi para Landoi responde a un fenómeno común no galego, de disimilación da dobre nasal. Igualmente debeu ocorrer co actual Landín (O Mosteiro, Ortigueira). Así, o actual Lindín (Vilalba) está atestado como Nendin – este fenómeno non só se dá no galego: o francés “Château-Landon” foi Castellum Nantonis (SEVILLA, 1980:56).
Aínda que poderíamos pensar a priori nunha relación co céltico *nantu- ‘val, regacho’, podemos rexeitalo, xa que no galego mantense o grupo –nt-, sen alterar para –nd-.
LEIRA COVA, A (Landoi)
Moi probablemente neste lugar non exista ningunha cova, máis ben terá este nome nun sentido metafórico, e estar situada esta leira no fondo dunha pequena valgueira. Os dicionarios non rexistran esta acepción explícita para "cova", senón que a define como "caverna, cavidade natural ou artificial no terreo".
En efecto, moitos topónimos "Cova" adoitan indicar depresións do terreo, concavidade orográfica, xa que logo, non implicando que haxa unha furna ou caverna. É o caso, por exemplo, que rexistramos no núcleo de poboación d"A Cova", en Riobarba (O Vicedo).
A mesma opinión foi xa indicada por Navaza (cf. G. Navaza, 2007. "Toponimia de Catoira").
LENTÍAS, AS (Cariño)
Debe reemitir a unhas "terras lentías", posuidoras de lentura (humidade). De feito era unha zona de prados.
LENTILLEIRA (A Pedra)
O termo "lentilleira" debe remitir a un lugar onde abundan as plantas das "lentellas" ou ben que é un terreo propicio para o seu cultivo. Aínda que Gonzalo Navaza non o rexistra no seu estudo de fitotoponimia, si que rexistra "Lentellais" e "Lentellás" (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
LIÑARES (Landoi)
Fitotopónimo transparente, remitindo a terras nas que se cultivava o liño, aproveitando a boa calidade da terra.
A artesanía do liño tivo relevancia en Galiza, especialmente nas zonas do litoral e nalgúns vales do interior. O maior apoxeo desta industria artesanal deuse de mediados do século XVIII ata primeiro terzo do XIX. Neste período tecíase liño do país pero tamén de fóra, que entraba polos portos de Ribadeo, Carril e Vigo. Unha vez confeccionado o lenzo, era exportado para Castela e para América.

O lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para Sismundi (1752), ao referir os límites da freguesía.
LODEIRO (A Pedra)
O termo "lodeiro" indica unha "lameira, terreo con lama".
Aínda que non se pode descartar unha segunda acepción, a da "árbore tamén chamada lamigueiro, lotus", cremos moi improbable, por ser un topónimo frecuente demais para facer referencia a unha arbre incomún. Cf. DdD.
LOÍAS, AS (A Pedra, Feás)
O nome destas terras probablemente faga referencia a algún posesor orixinario de Luía (Ortigueira), aínda que non se pode descartar que teña orixe directa prerromana. Para a orixe e significado de Luía, ver o blog Toponimia de Ortigueira.
LONGRAS (Cariño)
Forma alternativa por "lóngaras". Alude a (terras) lóngaras, 'terras alongadas'. En efecto, o termo "lóngara" está recollido en galego co significado de "terreo de forma alongada" (cf. Rivas Quintas, Frampas).
En canto á etimoloxía, termo "longara" xa aparece atestado en documentos galegos en latín do ano 936 (cf. CODOLGA):
" ... estremiro, ipsa terra que iacet de vallo usque in Longara, ipsa vinea cum suos pumares, et ipsa terra ..."
Ao non aparecer atestado ningunha vez nin "longula" nin "longola", podemos pensar que non deriva de longula, senón directamente do sufixo -ara, tal como gándara.
Atopamos outro "A Longra" no Vicedo, así como unha vila chamada "Longra" en Felgueiras (norte de Portugal), atestado no século XIII como Longara.
LOURIDO (A Pedra)
LOURIDO, O (Landoi -lugar de Cabanán)
O sitio de "Lourido" figura atestado no Catastro de Ensenada para A Pedra (1752) ao describir os muíños da freguesía.

Un "lourido" remite a un lugar no que abundan os loureiros.
LOUZAO, O (A Pedra)
Neste caso, "Louzao" alude ao apelido dun antigo propietario.
O apelido "Louzao", atestado xa na Idade Media, e irmán do portugués Loução e do castelán Lozano, tería a orixe nun alcume positivo do portador, a partir dun hipotético *Lautianus, a partir do latín lautus 'suntuoso'. O sentido primeiro sería 'elegante', logo 'fermoso' e finalmente 'frondoso, luxuriante' --cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)".
MALATES (Sismundi)
Probablemente remita a un lugar de "malatos", persoas con enfermidades na pel, incluíndo a lepra. Acostumaban situarse fóra dos núcleos de poboación.
Alternativamente, nalgún caso podería interpretarse como de orixe prerromana, derivada da raíz indoeuropea *mel- 'saír, elevación, curvatura, ribeira'.
MALVEIRA, ILLA (Cariño)
Os termos "malveira", Malveiro, Malvar, Malvedo, Malvido, Malvide, remiten a lugares onde abundan as plantas chamadas "malva".
Gonzalo Navaza recolle o topónimo "Malveira" (aínda que non o deste lugar concreto) no seu estudo de fitotoponimia (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
MARDONA, A (Sismundi)
Probablemente formado a partir de "(terras de) María Dona". Atopamos un topónimo "Maradona" en Barreiros, onde se encontra tamén un "Maraseca", de "María Seca" e un "Maraboa" "A (terra de) María Boa". Tamén atopamos "A María Dona" en Silán (Muras), xa sen síncope.
En efecto, os topónimos coa forma Mar- son frecuentes na Mariña e no Ortegal, coa mesma orixe nun composto de "María". Así, atopamos "A Marapega" (María Pega) no Vicedo, así como "A Maraleixa" (María Aleixa) en Chavín (Viveiro). Lembremos tamén o caso da "marafonsa", unha clase de mazá, cuxo nome viría talvez dun "María Afonsa".
É de notar que nos casos "María Dona" e "María Boa", posiblemente non se trate de nome+apelido senón de nome composto: de feito, os nomes de muller "Matre Domna", "Matre Bona" e "Madrecella" son referidos por Piel e atestados en Portugal no Sécuo XI (cf. par. 236 de J. Piel, "Nomes de 'possessores' latino-cristãos na toponimia asturo-galego-portuguesa" in Biblos 23).
MARROCOS (Sismundi)
Probablemente este topónimo non teña relación co país norteafricano, senón máis ben debe ter orixe prerromana, como indicamos de seguido.

Joseph Piel, pola súa parte, opinou para un Marrocos en Portugal que "preferiríamos a interpretaçâo que vé em Marrocos um testemunho do culto dos Santos Mártires deste nome".
Por outro lado, Boullón Agrelo e G. Navaza indican unha posible relación co topónimo Marrozos, en Santiago (cf. A. Boullón, 2019. "O artificio das etimoloxías: elementos constitutivos da toponimia galega"). Canto á orixe prerromana concreta, podemos especular nalgunha raíz hidronímica ou tamén en relación co radical prerromano *mor- / *mur- 'monte, elevación rochosa', tal como ocorre co sustantivo "morreira" 'acumulación de pedras', ou como poidera ser o caso de Morouzos (Ortigueira).T amén Aníbal Otero recolleu o apelativo "marronda" coa acepción de "palleiro grande".
O antigo sufixo -occo adquiriu por veces un valor diminutivo (cf. "foxoco").
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra un "O Marroco" en Láncara, que tería a mesma orixe. Tamén hai un Marrozos (Santiago de C.), e así mesmo un Os Morrocos en Muras. Tamén A Pedra Amarrada (O Hío) debe tratarse dunha reinterpretación dunha tautolóxica "Pedra Marrada", tal como tamén se rexistra en Portomarín.
Aínda que non pareza encaixar, considerado todo o anterior, é de notar tamén a opinión de Joseph Piel que indicou, para un Marrocos en Portugal, que "preferiríamos a interpretaçâo que vé em Marrocos um testemunho do culto dos Santos Mártires deste nome".
MATAGALEGOS (Landoi)
MATAHOMES (A Pedra)
Probabelmente se trate de referencias xocosas, aludindo á dificultade para o seu tránsito debido á súa orografía (talvez nunha encosta), ou para o seu cultivo, quer por ser unha terra dura (barrenta talvez) ou con moitos coios.
A mesma interpretación aplicaría a outros microtopónimos galegos como Matacego, Matacáns, Matalagartos, Matapeixes, Matabois, Matasapos, Matafillos, así como en Castela Matamujeres, Matacristianos, Matamaridos ou tamén "Fuente de Matahijos" ( augas insalubres?).
Nestes casos, por tanto, debe tratarse de "folk-topónimos", cunha unión estereotipada verbo+suxeito, igual que Cantarranas, Pousafoles, ou en Portugal Alçaperna ou Cargapalha.
Por outro lado, outras destas formacións deben aludir a unha mata, ou sexa a un bosque, a unha matogueira. Así, os topónimos galegos Matamillán ou Matafaxín, que aludirían ao posesor do bosque/matogueira.
Finalmente, tampouco se pode descartar que parte deles remitan a alcumes.
MEIXIDO, O (Landoi)
Probablemente de "ameixido", lugar onde abundan as "ameixeiras".
MEIXÓN DO RENEGADO, O (Cariño)
O nome "meixón" debe tratarse dunha deturpación de "ameixón", coa típica aférese do "a". Será por tanto derivado do verbo ameixoar 'xuntar as ovellas, as galiñas'. De feito, o portugués conserva "ameijoada" 'lugar onde o gado passa a noite'. Neste sentido, xa Piel postulaba a orixe no latín mansione, no sentido de "lugar onde se xunta e recolle o gado". Navaza concorda igualmente con esta interretación (cf. p. 51 de G. Navaza, "Fitotoponimia Galega". 2006).
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra moitos outros "Meixón", por exemplo o de Ortigueira.
MOGOTES DOS AGUILLÓS, OS (Cariño)
Este topónimo dá nome a un "baixo" existente na costa preto dos Aguillós.
Aínda que o apelativo "mogote" non estea recollido polos dicionarios galegos, si está recollido en Asturias como "morro saliente, un montón de algo relevante respecto al contorno, un nudo apretado" (cf. X. Concepción, "El paisaje toponímico de Villanueva y otros nombres de Santu Adrianu").
Coromines defíneo como "montículo cónico aíslado" (cf. Corominas, DCECH, s.v. mogote), que encaixa coas características ao ser un baixío. Coromines indica ademais de que é un termo con uso náutico.
Parece ser un termo de orixe prerromana, aínda que sobre a orixe concreta haxa pouco consenso.
MONDELO (A Pedra)
O nome desta zona de prados puido vir dun Mundellus, que correspondería co antigo nome de posesor do lugar. Como ocorre noutros casos, talvez o lugar foi antigamente un casal (uilla de) *Mundellu.
O nome Mundello é de orixe xermánica, incluíndo o tema *mund- 'protección' e mais o sufixo latino -ellu.
Por outro lado, por veces os diminutivos aluden a partes altas ou afluentes de ríos e regatos (Sar / Sarela, Lóuzara/Louzarela, Ulla/Ulloa, Avia/Avión,..). Tendo iso en conta e tamén o feito de haber ríos "Munda" (actual Mondego), "Mundo", "Mondeo", tampouco se pode descartar que aluda a un regato, estando ademais este lugar situado nunha zona de prados.
MONTE MAZANTEO, O (A Pedra)
Podemos interpretar este topónimo como de orixe xocosa nun "Monte do Mau Centeo", un monte que produce, cando se facían rozas nel, un centeo de pouca ou má cualidade ou cantidade.

No entanto, podemos tamén relacionalo cos topónimos Montesandeu de Piñeiro (Cuntis) e co Mozandeo de Trabada. Nicandro Ares indica este último atestado como "Monte Sandeu" no 1085 (Tombo de Lourenzá, doc. 156). En canto a "Sandeu", significa "idiota, tolo" no galego medieval (cf. N. Ares. "Estudos de toponímia galega").
Xulia Marqués recolle esta interpretación e engade o caso do Río Sandeu en Fene (cf. X. Marqués, 2018. "Toponimia de Trabada").
No caso que nos ocupa, a evolución tería sido igualmente Monte Sandeu > Monsandeu > Mozandeo, en canto que o paso Mozanteo > Mazanteo, explicaríanse talvez por unha reinterpretación con "mau centeo", tal como indicamos previamente.

Por outro lado, talvez tiver relación etimolóxica co río Mazandán (O Corgo).
MONTE CASTRILLÓN, O (Cariño)
O termo "castrillón" é un derivado de "castro". Indicaría a antiga existencia dun castro, aínda que por veces refire simplemente a un lugar elevado.
MONTELLÓN (Landoi -lugar de Cabanán)
Este termo pode referirse a un "montillón", pero tamén podería vir dunha reinterpretación de "moutillón". En calquera dos casos, os termos designan orografías similares, aínda que "moutillón" ten xeralmente unha connotación de ser obra humana.
No caso de Montillón, o dicionario de Eladio Rodríguez defíneo como "montículo, monte pequeno, que pode ser obra da natureza ou da man do home".
En canto a "Moutillón", derivado de "mouta", o dicionario defíneo como "zona de mato" e tamén coa acepción de "tumulo de area rente ao mar, no que nace a herba". É sinónimo de "mota" e podería ter a mesma orixe. O cognado portugués mouta tamén se define como "Conxunto espeso de plantas de pouca altura". O portugues minhoto tamén conta co cognado moutilhão, definido como "montículo ou pequeno outeiro".
MONTOXOS, OS (Landoi)
O nome destas fincas alude aos seus (antigos) propietarios, ben por seren oriúndos do veciño lugar de Montoxo (Cedeira), ou ben por teren o apelido "Montoxo" ou "Montojo", á súa vez derivado dun topónimo do mesmo nome.
En canto á orixe de "Montoxo", é unha haploloxía a partir de "Monte Toxo".
MONZA, A (Landoi)
Os dicionarios recollen "monza" (do latín manucia 'manchea') como unha manchea ou "puñado" de algo, en particular unha gavela de cereal (trigo, centeo, avea).
A interpretación como topónimo podería ser a de "lugar que apenas produce unha gavela de cereal".
MURELA (A Pedra)
Forma en diminutivo de "mura". Rivas Quintas recolle a acepción de "mura" como "valado de terra, cerca de pedra e terra arredor dunha finca" (cf. Frampas).
No entanto, nestes topónimos xeralmente sempre quedan con orixe incerta, dada as múltiplas alternativas, como derivados de murus, de maurus, ou do prerromano *mor(a), postulado por Hubschmid co valor de ‘morea’, sendo "morea" posiblemente da mesma orixe. De feito, Cabeza Quiles recolle a voz "murias" nos Ancares leoneses co significado de "morea de pedras soltas" (cf. F. Cabeza, 2008. "Toponimia de Galicia").
ORTABADE, CABO (Cariño)
ORTEGAL, CABO (Cariño)

MUÍÑO GARROTE, O (Landoi)
Este topónimo debe remitir ao sobrenome dun antigo posesor deste muíño. Este apelido xa está atestado no século XIV (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
Forma en diminutivo de "mura". Rivas Quintas recolle a acepción de "mura" como "valado de terra, cerca de pedra e terra arredor dunha finca" (cf. Frampas).
No entanto, nestes topónimos xeralmente sempre quedan con orixe incerta, dada as múltiplas alternativas, como derivados de murus, de maurus, ou do prerromano *mor(a), postulado por Hubschmid co valor de ‘morea’, sendo "morea" posiblemente da mesma orixe. De feito, Cabeza Quiles recolle a voz "murias" nos Ancares leoneses co significado de "morea de pedras soltas" (cf. F. Cabeza, 2008. "Toponimia de Galicia").
ORDIAS, AS (Landoi)
Este microtopónimo, que se rexistra tamén en Ribadeo, pode ter orixe no tema hidronímico antigoeuropeo *ord-, derivado da raíz indoeuropea *er- 'fluír, moverse', que foi amplamente estudado por Edelmiro Bascuas, entre outros. Bascuas non menciona este microtopónimo concreto, pero estaría en relación con outros topónimos galegos como os varios "Ordes ", algún deles atestado como Ordines (1061) ou Hordines (1007) (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
Tería evoluído dun *Órdinas > Ordias, tal como ocorreu con Barcena > Barcia.
A presenza do artigo pode tratarse dun engadido posterior, como ocorre noutros topónimos galegos.
ORTEGAL, CABO (Cariño)
ORTIGUEIRA, A (A Pedra)
O significado é transparente, tanto "ortigueira" (do latín urticaria) como "ortegal" (do lat. urticalem) remiten a lugar onde abundan as ortigas.
Porén, como acostuma acontecer na toponimia, podemos atopar outra interpretación igualmente plausible: se reparamos na existencia do veciño cabo “Ortabade” , penso que tanto “Ortabade” como “Ortegal” poderían ter unha explicación similar, nunha orixe prerromana, no termo *ort- ou *urt-, do que derivarían tamén outros topónimos como “Ortoño” (Ames), cun sufixo -oño polo xeral ligado á toponimia de orixe prerromana.
Este tema *ort- ou *urt- foi estudado por E. Bascuas, que o asociou coa hidronimia antigoeuropea, como forma derivada da raíz indoeuropea *er- ‘moverse’, con alongamento en -t-. Desta forma derivou topónimos como o río Orza < *Ortya, afluente do Deza, así como a coruñesa praia do Orzán (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
Para a explicación detallada, ver artigo no blog Pena da Cataverna.
ORXEIRO (Landoi)
A interpretación clásica dos topónimos "Orxal", Orxeira e similares acostuman derivarse do apelativo "orxo", do latín hordeum ‘cebada’ (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
En efecto, esta interpretación non presentaría ningún problema no caso que nos ocupa e, co sufixo –eiro en función de abundancial, indicaría un “lugar onde abunda o orxo (‘cebada’) ou propicio para este cultivo”.
No entanto, é preciso manter certas reservas: tal como indicamos para o caso da “Pena do Orxal”, que forma un illote na costa de Foz, esta interpretación asociada a orxo ‘cebada’ é problemática, ao tratarse dunha pequena illa rochosa e sen terreo dispoñible, con improbable existencia de cebada (cf. "Toponimia do concello de Foz"),
Considerando o anterior, podemos interpretar alternativamente este topónimo como de orixe prerromana, derivado da raíz indoeuropea *er- ‘fluír, moverse’, talvez derivado dunha forma *or-w-i-, ou talvez *or-d-, coa terminación romance –eiro, que indicaría abundancial. As ocorrencias toponímicas desta raíz indoeuropea foron estudadas por E. Bascuas, que postulou esta orixe, a través do tema paleoeuropeo *or- para "Oroxo" (cf. E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
PANDA DE BLAS, A (Cariño)
O termo "panda" refírese a unha lomba, un terreo combado ("pandado").
PARADELA, A (Landoi - lugar de Sancha)
PARADELA DE ARRIBA, A (Landoi - lugar de Sancha)
Unha “paradela”, antigo diminutivo de “parada”, indica “lugar de repouso”, quer por constituír un “punto da orografía menos abrupto fronte ao desnivel das zonas contiguas”, ou por corresponder cun “establecemento ou pousada no camiño”, servindo para descansar e dar servizo ás persoas e os animais de transporte. Por veces o motivo da escolla do lugar era pola configuración orográfica, mais podían ser igualmente outras causas.

Cremos que, no topónimo que nos ocupa, non é referido á orografía da zona senón pola antiga existencia dunha pousada. En efecto, a gran maioría dos topónimos “Paradela” están asociados a entidades de poboación, probablemente formadas arredor desas antigas pousadas.
A antigüidade deste topónimo confírmaa a presenza do diminutivo arcaico –ela, que xa na Idade Media foi substituído no uso apelativo polo sufixo -iña.

Por outro lado, Navaza tamén indica outras motivacións potenciais para estes topónimos, con base nas acepcións antigas do verbo parar (‘restaurar’, ‘reparar’, presentes no verbo latino parare) — cf. NAVAZA, Gonzalo, 2007. "Topónimos da parroquia de Rebordechán". In p. 13-68 Rebordechán: A nosa memoria. [Vigo], Asociación Cultural Amistade.
PARAMIGO (Cariño)
Debe tratarse do composto Pero Amigo, referíndose ao nome e apelido dun antigo posesor. O apelido Amigo é relativamente frecuente na Galiza medieval. De feito, o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outros moitos topónimos con este apelido, como A Maramiga, Xan Amigo, Fernando Amigo, O Peamigo (de Paio Amigo), Poramigo, etc.

O ilustre J. M. Piel sostivo esta hipótese, para o "Poramigo" existente en Ourol (cf. J. M. Piel "Os nomes germánicos na toponímia portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo XXVIII).
PARDIÑEIRA (A Pedra)
O nome "pardiñeira" fai referencia a un lugar deshabitado, similar a "pardiñeiro": casa arruinada e destartalada (cf. DdD). En portugués existe pardieiro, co mesmo significado que "pardiñeiro".
Outra posible acepción é a de conxunto de "pardiñas" (devesa ou chousa, cf. DdD), lugar de devesas.
O topónimo "Pardiñeira(s)" é frecuente en Galiza. En Mogor (Mañón) hai "As Pardiñeiras", en Riobarba e en Covas hai "A Pardiñeira", en Celeiro "Pardiñeiras".
O PARRUGAL (Landoi)
Significado e orixe incerta.
É un topónimo case único en Galiza, atopándose outros "O Parrogal" en Riobarba e "O Perrogal" en Suegos (O Vicedo).

Poderíamos pensar en "Paio (do) Regal" ou "Pero (do) Regal", aludindo ao nome dun antigo posesor destas fincas, mais semellan moita coincidencia de nome e apelido para un apelido pouco común. É verdade que Cariño, segundo a "Cartografía de apelidos de Galicia", ten unha frecuencia relativamente alta para este apelido, e que ademais, o apelido debe ter a orixe no lugar do Regal, en Riobarba (O Vicedo).
Alternativamente, podemos pensar nunha relación coa voz "parrugueira", sinónimo de "borralleira", talvez relacionado coa actividade das rozas. O sufixo -al, abundancial, da por tanto conta da antiga existencia dunha voz *"parruga" ou *"párruga".
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra tamén "A Parrugueira" en Vilalba, así como "As Parrugueiras" en Xermade.
Finalmente, tendo en conta o topónimo Parga de Guitiriz, que está atestado na Idade Media como Parrega, tamén podemos pensar que estean relacionados e teñan unha orixe nunha mesma base prerromana.
PASADA DA VELLA, A (A Pedra)
O apelativo "pasada" indica un "lugar de paso do río, xeralmente a través de pedras colocadas como "pasos" formando unha liña". Esta acepción consérvase na toponimia de toda a zona: en Mañón, en Viveiro, en Foz, en Muras ("A Pasada do Río", "A Pasada do Portancho", "A Pasada do Cal do Medio", ..).
En canto a "A Vella", pode ser unha alusión mitoóxica ou anecdótica, pero tamén podería ser unha derivación por "etimoloxía popular" dun termo prelatino de similar fonoloxía. De feito existen topónimos "vella", "ovella" que poderían ter un significado real referido a augas ou correntes de auga, e non sempre terían relaciòn co significado obvio senón talvez co tema hidronímico paleoeuropeo *uel- 'xirar'. No caso que nos ocupa, tratándose dun antigo paso no río, é probable tal interpretación.
PEAGO, O (Feás)
Os termos "peago" e "piago" indican unha poza profunda de auga, xeralmente nun río. É definido por Piel como

PAZO, O (Sismundi)
PAZO DA CERCA (A Pedra)
PAZO DE BARREIROS (A Pedra)
O termo "pazo" deríva do latín palatium, e xa na Alta Idade Media a forma paaço tomou esta acepción actual de "casa señorial", edificación de residencia de familia nobre. E de notar que as referencias medievais a un pazo non deben entenderse como un pazo na actualidade, senón que remitirían simplemente á casa do señor, de boa feitura, probablemente de cantería, de dous andares e cuberta de tella ou lousa, en contraste coas demais casas que serían de planta baixa e cubertas de palla.
Para o caso do Pazo da Cerca, o nome alude á súa proximidade co lugar da Cerca. Queda situado preto da igrexa da Cerca , pegada ao Castelete, este último topónimo talvez en relación co pazo. Preto queda tamén o lugar do Cadro
Para o caso do Pazo de Barreiros, o nome alude á súa proximidade co lugar de Barreiros. Os topónimos "Barreiro(s)" e "Barreira(s)" son moi frecuentes en Galiza, e derivan do sustantivo común do mesmo nome, derivado de "barro" mediante o sufixo -eiro (< latín -ārĭŭ).
Debeu aludir un lugar onde abunda o barro, posiblemente onde se extrae barro ("barreira").Tamén puido remitir a un grupo de 'persoa que traballa co barro, oleiro', pois é outra acepción que os dicionarios tamén recollen para "barreiro".
Canto á etimoloxía, J. J. Moralejo puxo en cuestión a etimoloxía latina, e refiriu estes topónimos a un prelatino indoeuropeo *palatio, que designaría unha especie de curro, lugar pechado onde os pastores recollían temporalmente o gado, harmonizando co sentido etimolóxico de "pastoriza" (cf. J. Moralejo, "Callaica Nomina", 2007)
PEAGO, O (Feás)
Os termos "peago" e "piago" indican unha poza profunda de auga, xeralmente nun río. É definido por Piel como
"sítio fundo do mar ou de um rio" (cf. p. 323, J. Piel "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII, 1945).
No caso que nos ocupa, o lugar sitúase na zona pegaa ao lamal da desembocadura do río de Landoi. No momento de lle pór ese nome, a cana do río debía pasar preto desa beira.
PEDRA RECIMADA, A (Cariño)
Este pequeno illote é unha pedra que apenas sobresae do mar, diante dos Aguillóns.
Penso que a interpretación correcta para "recimada" é derivala do verbo *recimar "sobresaír, remontar ", derivado de "cima" (cume). Indicaría, xa que logo, unha pedra que sobresae da auga, o cal é o caso.
Aínda que o verbo recimar non o atopamos recollido no galego, non sería unha construción estraña ao galego, coa partícula intensiva re-, do mesmo xeito que re-cuncar, re-mexer, etc.
Significativo ou non, pero xa lonxe da nosa xeografía, atopamos "recimar" no occitano,
Por outro lado, poderíamos pensar nun adxectivo "recimada", entendido como unha caracterización da pedra "en forma de recimo" (os dicionarios de galego recollen como sinónimo de "acio"), aínda que non vexo que a referida pedra teña forma particular, polo que non semella moi plausible esta interpretación.
PENA DA AMIA, A (Cariño)
O topónimo "amosa" deriva da raíz paleoeuropea *am- 'suco, canle, cavar', frecuente en hidrónimos de orixe prerromana. "Amosa" é estudado explicitamente por Bascuas. Cf. p. 220 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega".
Hai múltiples hidrónimos relacionados, tais como "fonte da Amosa" en Recaré (O Valadouro).
PENA DO ORGAL, A (Cariño)
O máis probable é que se trate dun fitotopónimo, derivado do baixo latín ulicale, que indica un lugar onde abundan as urces (latín ulix/ulice). Aínda que Gonzalo Navaza non o recolle explicitamente no seu estudo de fitotoponimia, si que recolle o seu equivalente "Urgal" con esta mesma interpretación. Si aparece atestado "orgueira" no portugués antigo con este significado. Outros autores fan a mesma interpretación (cf. P. Riesco, "Medio natural y poblamiento en la toponimia mayor de Zamora").
Hai un "Os Orgales" en Tomiño (Pontevedra), e varios "Urgal" e "Urgalciño" en Oia (Pontevedra), e un "Urgal" na Guarda (Portugal). Cmo sabemos, en galego e portugués os "o" non acentuados moitas veces pronúncianse como "u" (realmente no galego trátase dunha pronuncia neutra, na cal non se distingue "o" de "u").
Por outro lado, Edelmiro Bascuas menciona a existencia do apelativo "orga" en León, así como o seu uso toponímico, repetidamente asociado a veigas, ríos e presas. Non menciona o abundancial "orgal", pero si menciona "orgosas", con similar significado (cf. E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega"). Podería, xa que logo, ter ese sentido hidronímico. Tratándose dunha "Pena do Orgal" pode parecer improbable, pero lembremos a movilidade de moitos topónimos, que ás veces pasan de dar nome a unhas terras amplas a soamente unha parte delas, ou o contrario, polo que puido dar nome orixinariamente a unha zona de veiga próxima.
Finalmente, é interesante notar que poderíamos pensar, ao ser unha zona de gheada, que se trate dun problema de antiga transcrición dun "Orjal", que presentaba <j> por se tratar da translación á grafía castelán dun /ʃ/ orixinario. Ou sexa, que foi considerado erroneamente este son como o da gheada e foi ultracorrexido a Orgal. Danse casos tamén de "gueada" nos apelidos, como en "Abeigón"(Abeixón > Abeijón > Abeigón). De feito, Ana Boullón atribúelle esta evolución para o apelido Orgueira (cf. A. Boullón, "O Dicionario dos apelidos galegos e a restitución das formas galegas"). No entanto, tendo en conta os múltiplos casos de "Urgal" e "Urgalciño" mencionados, non parece que todos sexan froito da "gueada", cremos que se pode descartar a orixe en "Orxal" para o topónimo que nos ocupa. Máis aínda, o feito de haber un "Urgal" en Portugal, onde non hai gheada nin por tanto gueada, lévanos a rexeitar esta hipótese.
PENEIRO, O (Sismundi)
A voz "peneiro" ten varias interpretacións, en xeral como variante de peneira e de aro de criba. Ao tratarse dun topónimo, é probable que "peneiro" remita a lugar no que abundan as penas, a un rochedo. Fáltanos a comprobación no terreo de tal existencia.
Alternativamente, aínda que improbable, tamén podería ser unha forma derivada de "peneirar". Dada a relativa frecuencia deste topónimo, non semella plausible que se trate dun alcume dun antigo posesor.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outro "Peneiro" no veciño concello de Ortigueira, así como outros trece no resto da xeografía galega.
PENÓN, O (A Pedra, Landoi)
Topónimo que alude á existencia neste lugar dun penasco de gran tamaño.
PENSO, O (Feás)
Este é un topónimo relativamente frecuente en Galiza; deriva do latín pensum, participio de pendere, indicando un "terreo en pendente".
PERTEGAZAS, AS (A Pedra, Feás)
Aínda que o apelativo "pertegaza" non vén definido no dicionario, si vén "portegaza" como 'División en una cuadra' (cf DdD).
Por outro lado, reparemos na voz "pértega" definida nos dicionarios como 'vara delgada e longa'.
Considerando o anterior, primeiramente indicar que a forma correcta debe ser "pertegaza", un adxectivo derivado de "pértega", do latín pertĭca, co sufixo -aza, do latín -acea. Con este sufixo, indícanos "feita con pértegas", no mesmo sentido que "(casa) pallaza" deriva de palla, indicando que foi construído con palla, ou "cortegaza" que foi feito con cortiza.
Esta interpretación encaixa perfectamente coa acepción de "pertegaza" no dicionario: foi aplicado ás divisións feitas nas cortes, por seren xeralmente feitas con pértegas (varas delgadas e longas, ás veces de canas ou canaveiras).
Volvendo ao caso que nos ocupa, "As Pertegazas" alude a elementos feitos con varas longas, talvez cabanas, ou talvez a que o lugar tiña o perímetro pechado con pértegas, como se fose unha sebe.
O uso toponímico é relativamente frecuente, así atopamos, "A Pertegaza" en Arteixo e no Val do Dubra, "As Pértegas" en Ribeira de Piquín, etc. Atopamos tamén "Pertegal" en Samos, que indicaría unha finca poboada con árbores novas que producen pértegas, talvez varas de abeleiras, longas e resistentes.
PETÓN, O (Cariño)
O nome "petón", con orixe na raíz oronímica prelatina *pett- 'prominencia, cume' e alude a un cume, un picouto, en particular cando se trata dun monte agudo (cf DdD).
Tamén pode aludir a unha rocha en punta que sobresae do mar ou próxima á superficie. Porén, non é o caso neste topónimo en concreto.
PISÓN, O (Sismundi)
Un "pisón" é similar a un "batán", máquina composta de grandes mazos que xiran para pisar os tecidos e darlles maior consistencia.
PLANTÍO, O (A Pedra, Feás, Sismundi)
Este topónimo, rexistrado na maior parte dos concellos, refire en xeral a un abundancial de plantas. Probablemente moitos dos topónimos "Plantío" remitan a "Plantíos Reais", que tiñan o obxectivo de prover madeira aos estaleiros da Armada. Probablemente fanreferencia ás Ordenanzas Reais (e.g. a de 1748 de Fernando IV), que impuxeron a reserva en cada concello dun espazo para plantío de árbores. Indica Carlos Breixo a constancia da existencia dos Plantíos Reais en Galiza a partir do reinado de Filipe II. As árbores que se plantaban nesta zona eran dous tipos de carballos, freixos, e nogueiras. Cada veciño da freguesía na que había un Plantío Real tiña a obriga de plantar un número determinado de árbores e coidalas durante uns vinte e cinco anos (cf. C. Breixo, "A vila das Pontes no catastro do Marqués de Ensenada" in Hume n. 8). Os Plantíos Reais desapareceron como tales no século XIX, ao ser vendidos por non se usaren xa para os buques da Armada.
Igual interpretación, de referencia a ordenanzas reais, fai Pascual Riesco (cf. P. Riesco. "Paisaje y territorio en la toponimia menor de un pueblo sayagués: Escuadro").
Neste sentido, é interesante a acepción de ‘terreo de castiñeiros’, que recolle Marqués Valea na zona de Trabada (cf. X. Marqués, 2004. "A toponimia de Trabada").
Por outro lado, Navaza dálle unha acepción xeral, de "lugar onde se plantaron vexetais recentemente" (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
POSTIÑA, A (A Pedra)
O nome deste lugar, situado na costa, debe aludir á acepción de posta pesqueira. Segundo o dicionario Estraviz "Lugar no mar assinalado previamente para lançar as redes de pesca". Poderían encaixar outras acepcións, pero esta é a máis probable tendo en conta que a maioría dos topónimos "Posta" están situados na costa, tales como "A Posta Longa" (Cervo) e "A Posta Alta" (Ribadeo).
POULA, A (A Pedra, Landoi, Cariño)
O apelativo "poula", do latín (ad) pabula, indica un terreo deixado inculto (cf. DdD). Procede do latín pabulu ‘alimento’.
O Catastro de Ensenada para A Pedra (1752) recolle o "campo de Poula de Pelellos" ao describir os límites da freguesía.
POULÓN, O (Landoi, Feás)
Aumentativo de "poulo", terra en descanso, ás veces aplicado a zona de monte onde se practicaban as rozas para cereal.
POUSADOIRO, O (A Pedra)
O "pousadoiro" designa o lugar que quedaba no fin ou remate dunha subida, onde naturalmente o camiñante descarga e pousa o seu peso e carga. Esta definición xa vén recollida para o portugués antigo (cf. s.v. "pousadouro", in Viterbo, "Elucidário", 1798).
Así mesmo, designa o poio ou similar onde se acostumaba pousar a carga transportada ás costas.
PRADOS DE POL, OS (A Pedra)
O termo "Pol" pode provir do apelido dun antigo posesor do lugar, ou ben puido haber neste lugar antigamente un casal dun propietario de nome Paulo.
Estamos, en ambos casos, fronte dos restos toponímicos dunha antiga referencia a (uilla) Pauli, un casal ou granxa medieval pertencente a Paulo, nome cristián ben coñecido.
PUNTA DA GABEIRA (Cariño)
Ver "Gabeira, Illa da".
PUNTA DE SARTÁN (A Pedra)
O adxetivo "sartán" remite a un ‘terreo pouco fondo, con exceso de humidade, pouco produtivo e de mala calidade’ (cf. DdD).
PUNTA TIÑOSA (A Pedra)
Ver "TIÑOSO, O".
PUNTA DE VARENTA (Cariño)
A orixe deste topónimo podería ter relación coa do topónimo Bares (Mañón), atestado no século IX como Uaris (ver Toponimia de Mañón para máis detalles), así como a dos múltiples “A Vara” e similares existentes na toponimia galega, e interpretados como hidrónimos de orixe prerromana.
En efecto, todos eles derivarían da forma indoeuropea *awer- ‘auga, río, chuvia’ (POKORNY:78-81). Edelmiro Bascuas asigna esa procedencia para o topónimo "Vara", (cf. p. 91 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
Xa que logo, forma parte da serie de topónimos "Bares", "Baraza", "Baroña", "Baralla", "A Vara".
QUINTÁS (A Pedra)
Plural de "quintá". Aínda que na actualidade este topónimo non referencia a un núcleo de poboación, é posible que por "quintás" aluda a un "casal" medieval, propiedade rústica que incluía vivenda familiar e mais o seu espazo agrícola. O plural podería vir dado, como ocorre nos topónimos "Pazos", ao tratarse dun conxunto de casas. Con todo, as interpretacións para os topónimos Quintá, así como para o uso medieval de Quintana é controversa.
O profesor Martínez Lema cita a W.-D. Lange (1966), para quen a voz quintana tería a orixe en sintagmas nominais como "casa quintana" ou "uilla quintana", no sentido de 'propiedade situada no terminus quintarius' e pasando a significar máis tarde 'casa señorial', 'residencia privada do señor'. Esta acepción de "casa señorial" é postulada por A. de Almeida Fernandes para o cognado portugués quintã (cf. A. de Almeida Fernandes, 1978. "A nobreza na Época Vimarano-Portugalense").
No entanto, desa acepción de "residencia señorial" pasou despois, aínda no período medieval, a un significado de "casal", "uilla altomedieval". Así, Varela Sieiro (2008:69-72) identifica na documentación galega altomedieval tres usos principais do termo: propiedade rústica delimitada que alberga unha vivenda familiar co seu espazo agrícola, terra dedicada ao cultivo e terreo que circunda unha vivenda (cf. X. Varela, 2008. "Léxico cotián na Alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil". Anexo 62 de Verba.).
De feito, moitos exemplos medievais corroboran claramente esa acepción de "casal":

".. fecit quintanas IIIes conclusas et populavit illas de quantum ibi necessarium est, cupas et cupos, lectos, kathedras, mensas.." - Tombo de Celanova, Doc. 139 (1025)".. ipsa mea quintana cum suas casas et suo lagare" - 1075, Tombo de Celanova".. in quintana ubi abitaverunt Sisnandus Ildebreiz, et Sisnandus Argimirizi" - Tombo de Celanova, Doc. 86 (1098)
Por todo o anterior, cremos plausible interpretar Quntá como casal medieval, propiedade rústica que incluía vivenda familiar e mais o seu espazo agrícola.
É de notar que algúns autores teñen proposto unha orixe en (uilla) Quintana 'uilla medieval pertencente a Quintus ou Quintanus. Non semella estremadamente improbable que fose o caso en xeral, primeiro pola grande abundancia de topónimos "Quintá" e "A Quintá", implicaría que foi un nome estremadamente frecuente. Ademais, moitos deles levan artigo "A Quintá", improbable para unha orixe deantroponímica, e case imposible se consideramos a abundancia deles.
O profesor Martinez Lema resume as distintas interpretacións e consideracións para Quintá(n) na súa tese - cf. p. 281-283, "A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV).
No veciño concello de Ortigueira atopamos varios lugares chamados "Quintá", coa mesma interpretación.
QUINTIÁN (A Pedra)
Este toponimo pódese deber ao apelido dun posesor destas terras, ou ben a que houbo unha antiga uilla altomedieval (granxa, casal, explotación agrícola) neste lugar.
Aínda sendo orixinado por un apelido, ese apelido tamén faría referencia a outro lugar con este nome. Coas consideracións anteriores, o topónimo ten a orixe nunha forma (uilla) Kintilani, referindo un “possessor” medieval da uilla ‘granxa’ chamado Kintila, nome de orixe xermánica.
É interesante lembrar que, aínda que o nome teña orixe xermánica, non se pode derivar en absoluto que o posesor da “granxa” tivese tal orixe, sendo apenas unha “moda” medieval. De feito, Quíntila foi un nome masculino relativamente frecuente en Galiza nos séculos IX e X. O seu uso foi en declive no S. XI, ata desaparecer finalmente no século XII.
RAÑAL, O (Landoi)
O dicionario define "rañal" como lugar poboado de "raños" ("sorbeiras").
Alternativamente, tamén pode interpretarse como un lugar de "raña" ("terreo alto e de monte pobre).
REBELLÓN, O (Sismundi)
Posiblemente aluda ao apelido dun antigo propietario deste lugar. O apelido Revellón non é frecuente na actualidade pero si está atestado en Galiza xa desde o século XV (cf. Corpus Xelmírez).
Non podemos descartar que veña do nome dun antigo "río Vellón", aludindo a un regato que pasase polo lugar, tal como é o caso de dous lugares de Muras.
Este topónimo, moi frecuente en Galiza, ademais da acepción evidente de "regadura, o acto de regar", ten outras varias acepcións, a maioría relacionadas con regatos e os vales ou cárcavas polas que discorren, así como por extensión a de "terreo pantanoso".
Tamén é definida como "angostura formada pola unión das faldas de dúas montañas, que costuma ser cauce dun rego.
É xeralmente admitida unha orixe pre-romana, dunha raíz "paleoeuropea" *rek. Para unha análise etimolóxica ampla de "rego", véxase. E. Bascuas en VERBA n. 27.
Topónimos, moi frecuentes en Galiza e de significado transparente, referidos a lugar con regachos ou regatos.

REBOREDO (A Pedra)
O mesmo significado de “carballedo” ou “carballeira”, soamente que neste caso a orixe é no latín robur 'carballo', co sufixo abundancial –edo (do latín -etum), en canto “carballedo” vén de voz prerromana, xunto co mesmo sufixo abundancial.
REGA, A (Feás, Cariño),
REGUIÑA, A (Landoi)REGA, A (Feás, Cariño),
Este topónimo, moi frecuente en Galiza, ademais da acepción evidente de "regadura, o acto de regar", ten outras varias acepcións, a maioría relacionadas con regatos e os vales ou cárcavas polas que discorren, así como por extensión a de "terreo pantanoso".
Tamén é definida como "angostura formada pola unión das faldas de dúas montañas, que costuma ser cauce dun rego.
É xeralmente admitida unha orixe pre-romana, dunha raíz "paleoeuropea" *rek. Para unha análise etimolóxica ampla de "rego", véxase. E. Bascuas en VERBA n. 27.
REGATEIRA, A (Cariño),
REGACHEIRIÑA, A (Cariño)Topónimos, moi frecuentes en Galiza e de significado transparente, referidos a lugar con regachos ou regatos.
Aínda que non rexistrado nos dicionarios con esta acepción, o topónimo "regateira" refire a "regata" ou conxunto de "regatas", como sinónimo de "escorrentía", nun senso máis difuso que regato.
Lingüisticamente, ten interese ver como conviven na toponimia da mesma parroquia os derivados das voces sinónimas regacho e regato.

REQUEIXO, O (Landoi)
O dicionario define "requeixo" como "baixada dun monte en declive para un vale" (cf. DdD), ou tamén lugar apartado, nun recanto.
Estes topónimos aluden polo xeral a recunchos ou recantos no terreo, por veces xerados por ángulos do río e outras veces remitindo a pregas e entalladuras montañosas. Trátase de topónimos relativamente frecuentes e algúns deles atestados xa na Idade Media.
No galego das Médulas (León) aínda se conserva viva esta voz, co significado de ‘Terreo resgardado; quebra do terreo; vagoada pendente e resgardada’ (cf. F. Bello, "Lexico, literatura y tradición oral en el entorno de las Médulas").
Segundo Bascuas, viría da forma prerromana *rek-, presente en palabras como rego (con "e" aberto), e do sufixo -asio, presente en topónimos como "Arteixo"(cf. E. Bascuas, VERBA, 2000).
REPARADA (Cariño)
Este microtopónimo debe derivar dun antigo (uilla) Reparati, remitindo a Reparatus, forma en xenitivo de Reparatus (nome de orixe latina), que sería o posesor de da uilla (granxa, casal, explotación agrícola) altomedieval existente nese lugar. O nome Reparatus está atestado en Galiza e ten orixe latino-cristián (cf. J. Piel, "Nomes de 'possessores' latino-cristãos na toponimia asturo-galego-portuguesa" in Biblos 23). Atopámolo atestado, por exemplo, no Tombo de Celanova:
[...] de Suero Mitiz, Vidisclo, Mito, neptos de Reparato , filios de Ero, Pelagio et [...]
Canto á evolución, sería Reparati > Reparade > Reparada. O paso de -e para -a non sería estraño, estando atestado en moitos topónimos, probablemente nunha reinterpretación do -e como un -a relaxado: aparte dos Martínez Lema refire a exemplos como Comparade > Comparada, que estaría moi próximo ao do topónimo que estamos a analizar (cf. P. Martínez. "Toponomástica, documentación medieval y fenomenología lingüística: contribución para una gramática histórica de la lengua gallega", in "Actes ICOS XXIV).
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, así atopamos el Loiba un núcleo de poboación con este mesmo nome.
É importante notar que, aínda que non corresponde na actualidade cun núcleo de poboación, é moi probable que ese lugar fose unha uilla altomedieval (granxa, casal, explotación agrícola), que é o que acontece polo xeral neste tipo de topónimos, polo menos en Galiza.
RETORNO, O (Landoi)
Os topónimos "Torna", "Torno" e "Retorno" son bastante comúns na toponimia galega e, como topónimos, teñen probablemente unha orixe prerromana, cun significado de "chorro de auga", probablemente derivados da raíz hidronímica prerromana *ter- 'frotar, atravesar'.
Ver a entrada específica de blog Pena da Cataverna para máis detalles.
REVEIGÓN, O (A Pedra)
Aínda que o termo "reveigón" non apareza nos dicionarios, podémolo interpretar como forma intensiva de "veigón" ("o que é moi veigón").
Pola súa banda, o apelativo "veigón" é unha forma aumentativa de "veiga". Concretamente, "veigón" vén definido no dicionario de Aníbal Otero como "prado lagoso e extenso, cheo de xuncos".
É de notar que tamén pode tratarse dun "rego Veigón".
REVOLTA, A (A Pedra, Cariño, Landoi, Feás, Sismundi)
O nome destas terras probablemente se refire a unha curva nun camiño ou río.
RÍO LODEIRO (A Pedra)
O nome alude a un lugar polo que pasa o río, chamado "lodeiro", termo que fai referencia a unha "lameira, terreo con lama".
Ten tamén unha segunda acepción de "árbore tamén chamada lamigueiro, lotus", aínda que é moito menos probable, por ser un topónimo frecuente demais para facer referencia a unha árbore incomún.
RÍO LOURIDO (A Pedra)
O nome alude a un lugar polo que pasa o río, chamado "lourido", fitotopónimo que indica sitio no cal abundan os loureiros.
RÍO MONDELO (A Pedra)
Este toponimo fai referencia a un lugar con este nome, o cal ten a orixe nunha forma (uilla de) Mondellu, referindo un “possessor” altomedieval da uilla (granxa, explotación agrícola) chamado Mundellus, nome de orixe xermánica. En efecto, o nome está formado a partir da raíz xermánica *mund- 'protección' e mais o sufixo diminutivo latino -ellus.
ROXO, O (A Pedra)
RUBIDO, O (A Pedra)
Os topónimo "Rubido", "Roibal"e "Rubal" son interpretados xeralmente como "(agro) rubido, (terra) rubal", "de cor ruba" ("roiba", "vermella"), en oposición ás terras negras. Posibelmente indique terras barrentas, ou ben terras ferruxinosas.
Atopamos unha poboación chamada Sanche en Muras e Ourol,Sanche Grande e Sanche Pequeno en Xermade, así como A Casanova da Sanche tamén en Xermade para as cales encaixan igualmente as dúas alternativas.
Probablemente remita ao alcume ou apelido dun antigo posesor, de feito este apelido xa está atestado no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
RUBIDO, O (A Pedra)
Os topónimo "Rubido", "Roibal"e "Rubal" son interpretados xeralmente como "(agro) rubido, (terra) rubal", "de cor ruba" ("roiba", "vermella"), en oposición ás terras negras. Posibelmente indique terras barrentas, ou ben terras ferruxinosas.
SAN XIAO DO TREBO (Cariño)
Este núcleo de poboación está atestado no 1101 como Sancto Iuliano de Trebula (cf. S. Montero, "La colección diplomática de San Martín de Jubia"). Está recollido como "Trevo" no Catastro de Ensenada para A Pedra (1752) ao describir os límites da freguesía.
Non ten, por tanto, ningunha relación coa planta chamada "trevo" (< latín vulgar *trifŏlu), senón cunha forma prerromana.
Este topónimo foi estudado por E. Bascuas, que relaciona este tema "Trebula" co pobo celta dos Arro-trebas que, como el indica, estaba situado nesta mesma comarca. Cf. E. Bascuas, 2006. "Hidronimia y lexico de origen paleoeuropeo en Galicia".

SANCHA (Landoi)
Remite ao nome ou ao apelido dun antigo posesor.
Pode tratarse dun topónimo antigo "Sanche", e remitir a unha antiga (uilla) Sanctii, forma en xenitivo de Sanctius, nome do antigo posuidor da uilla (granxa, explotación agrícola). Neste caso, habería que explicar o paso de Sanche para Sancha, mais non é un fenómeno estraño no galego, senón que pode responde a unha ultracorrección, tal como se rexistra noutros topónimos galegos. Así ocorreu no caso dun núcleo de poboación chamado Margarita que está atestado na Idade Media como Margaride.
Alternativamente, pode remitir a un antigo posesor ou posesora de apelido Sanche, sen ter que ter existido unha uilla altomedieval.
No caso de Sancharredonda (As Neves), semella derivar directamente de nome+apelido, Sancha Redonda
SANDAMIL (A Pedra)
Este toponimo debe corresponderse co "Casal de Sandamil" atestado no 1374 (cf. S. Daviña, 2005 aquí):
... o meu casal Darroxo, e o meu casal de Campo de Monte, e o meu casal de Sandamil, e o meu casal en que mora Joan Coroado ...
O topónimo ten a orixe nunha forma (uilla) Sandamiri, referindo a un “possessor” altomedieval da uilla ‘granxa, casal, explotación agrícola’ chamado Sandamirus, nome de orixe xermánica. Podería ser tamén (uilla) Sendamiri, dun “possessor” chamado Sendamirus, igualmente de orixe xermánica.
Plural de "sanguiñal", que indican un sitio onde abundan os sanguiños, o arbusto cornus sanguinea, que ao lle pelar a casca, queda con cor vermella, semellante ao sangue.
É un topónimo frecuente na zona, atopámolo en Ortigueira e en Mañón, por exemplo.
SEIXO, O (Landoi)
Este topónimo está atestado no Catastro de Ensenada para Landoi (1752), referindo a existencia de varios muíños, un batán e mais un forno de cocer tella.
A voz "seixo" é común no galego, derivada do latín saxu ‘pedra grande, rocha’. Ten dúas acepcións: “pedra dura de pequeno tamaño, xeralmente lisa e arredondada” e tamén un “tipo de rocha xeralmente branca e moi dura”.
Na toponimia, un "Seixo" en singular remite a un penedo de seixo que aflora, e que por veces serve de marco. Un exemplo deste uso témolo no Catastro de Ensenada (1752,1753), no cal é común para toda a zona da Mariña, Ortegal, etc ao referenciar os límites das freguesías, sendo moitos marcos o nome de "Seixo de ..". Así, no Catastro de Ensenada de Foz (1753), ao definir os límites desa freguesía:
".. siguiendo por la vega de Escanlar a un Seijo blanco que en ella se halla .."
SERANTES (A Pedra)
O nome desta finca alude probablemente ao apelido do (antigo) posesor.
En canto ao apelido, ten a orixe no topónimo do mesmo nome. É de notar que a forma etimolóxica correcta é "Sarantes" (relativo ao hidrónimo Sar), tal como figura na documentación antiga para os toponimos deste nome. Para máis información sobre os topónimos de orixe prerromana que orixinaron este apelido, ver o artigo sobre Sar e Sarantes pubicado no blog "A Pena da Cataverna".
En canto ao apelido, ten a orixe no topónimo do mesmo nome. É de notar que a forma etimolóxica correcta é "Sarantes" (relativo ao hidrónimo Sar), tal como figura na documentación antiga para os toponimos deste nome. Para máis información sobre os topónimos de orixe prerromana que orixinaron este apelido, ver o artigo sobre Sar e Sarantes pubicado no blog "A Pena da Cataverna".
Un "serrón", en sentido figurado, indica unha "montaña apuntada e larga", o cal sería tamén este caso, aínda a falta de comprobalo no terreo.
Por veces é máis próxima a metáfora e indica rochas en liña, con varios picos, semellando a forma do serrón.
SÉTIMA, A (Landoi -lugar de Cabanán)
Este topónimo referenciaría a "cada unha das sete partes iguais en que se divide un monte".
SISMUNDI (Sismundi)
Este topónimo ten a orixe nunha forma *(uilla) Sismundi, referindo un “possessor” altomedieval da uilla ‘granxa, casal’ chamado Sismundus. É un nome de orixe xermánica, formado a partir das bases *sis ‘canto ritual ou funerario’, e *mundaz ‘protección, garda’.
É interesante lembrar que, aínda que o nome teña orixe xermánica, non se pode derivar en absoluto que o posesor da “granxa” tivese tal orixe, sendo apenas unha “moda” medieval.
Este lugar aparece atestado en 1488 como "Santo Esteuao de Sysmundi" (cf. ITGM). No final do século XVI figura como "Sismunde":
"La iglesia de Santisteban de Sismunde" (cf. aquí).
No Catastro de Ensenada desta freguesía (1752) é tamén referido como "Sismunde".
SOUTULLO (Cariño)
Forma derivada de "souto", co sufixo diminutivo-despectivo -ullo (do latín -uculum), presente noutras voces como pedrullo (cascallo) ou cadullo (latín capituculum), así como en topónimos como "Montullo". O dicionario de Eladio Rodríguez recolle de feito "soutullo" como
SISTO, O (A Pedra)
Figura atestada a "Croa de Sixto" no Catastro de Ensenada para Landoi (1752) ao describir os límites da freguesía.
Os topónimos Sisto, Sistelo, Sistelín e similares derivan con moita probilidade do latín sistere ‘colocar, establecer’, e terían un significado de "corte para o gando", en relación a lugares de pasto.
Podemos descartar a interpretación tradicional como referencia a un antropónimo, tal como o latino Sextus ou Sixtus: dada a gran frecuencia dos topónimos "Sisto", "Sistelos", "Sistelo", "Sistelín" é totalmente improbable que se dese tal frecuencia de lugares con nome de tal posesor para un nome "Sistus" tan pouco atestado.
Por outra banda, García Arias interpreta os asturianos "Sesto" e "Sestelo" como que "parece" posible a orixe en sextellus, relativo ao reparto de terras a sextos. Desta opinión foi tamén Isidoro Millán , que indica que estes repartos ocorrerían na época sueva (cf. I. Millán, "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz". 1987). Porén, a evolución de "sextu" para "sisto", coa palatalización do "e" en "i", sería tal anomalía na evolución do galego que nos leva a rexeitar de pleno esta hipótese.
Como curiosidade, indicar que, de ser certa a interpretación de "corte para o gado", tería un significado análogo ao asignado para o topónimos "Busto", "Bustelo".
SOUTO, O (A Pedra, Feás, Sismundi)
SOUTO, O (A Pedra, Feás, Sismundi)
SOUTO CHAO, O (Landoi, Sismundi)
O termo souto, no galego actual e mais en portugués significa "bosque de castiñeiros e por veces de carballos". Procede do latín saltum, e orixinariamente designaba un "paso estreito entre montañas, rexión forestal ou bosque situado nun desfiladeiro"; despois pasou a significar "bosque de castiñeiros e por veces de carballos".
A importancia da castaña na alimentación en Galiza era máxima até a introdución da pataca, talvez por iso a preservación dos topónimos "souto" en Galiza.
A importancia da castaña na alimentación en Galiza era máxima até a introdución da pataca, talvez por iso a preservación dos topónimos "souto" en Galiza.
SOUTULLO (Cariño)
Forma derivada de "souto", co sufixo diminutivo-despectivo -ullo (do latín -uculum), presente noutras voces como pedrullo (cascallo) ou cadullo (latín capituculum), así como en topónimos como "Montullo". O dicionario de Eladio Rodríguez recolle de feito "soutullo" como
"souto pedregoso formado por altibajos y desigualdades".
SUAVILA (A Pedra)
SUIGREXA (A Pedra)
SUPENIDO (Sismundi)
SUSPEREIRA (Feás)
Estas formas compostas proveñen, respectivamente, de So A Vila, So A Igrexa, So Penido, So Pereira.
A preposición "so", derivada do latín sub, é polo xeral interpretada co significado de "debaixo de". É de notar que, para sermos precisos, non sempre indica unha situación "pola parte de baixo de", senón que ten un sentido máis xeral como "ao pé de", "a carón de", "pegado a ". Cf. J. Gª Sánchez. "El elemento 'sub' (>so) en toponimia. Reconsideración de su valor".
TAÑO, O (Landoi)
Significado e orixe tan incerta como interesante.
O apelativo "taño" indica "vasilla, recipiente" (cf. DdD). Porén, no contexto de toponimia non é clara a relación, polo que a priori rexeitamos este significado.
Sexa cal for o significado, pode estar relacionado con "tañeira" e "tañizo", que indican unha "estrutura ou trenzado" de paus, dos cales derivan os significados "grade" e "estrutura de táboas que se pon a cada banda do carro". Así pois, "taño" designaría "varas, paus, táboas", talvez "varal".
Bascuas indica para "taño" que, se estivese relacionado con "tañeira", derivaría do celta *tannyo, e se tivese unha orixe hidronímica viría de *Tanio. Cf. p. 92 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia". 2006.
É importante indicar que, sexa cal for a orixe, na etimoloxía do termo tería presenza o sufixo *-io, un sufixo frecuente na hidronimia paleoeuropea.
É interesante tamén, do ponto de vista etimolóxico e metodolóxico, cómo dous topónimos de orixe incerta, Taño e Tañeira, se explican un co outro.
Existe outros "O Taño", como o que se atopa en Muras, localizado nunha zona de prados, o mesmo que ocorre no caso "A Tañeira", tamén en Muras, nunha zona de prados. Así parecce confírmarse a relación coa hidronimia, o cal torna moi probable unha orixe paleoeuropea, na raíz indoeuropea *ta- 'derreter, fluír", en particular co tema *tan-.
TELLEIRA (Feás, Landoi)
Lugar no que fabricaban tellas, aproveitando as terras barrentas do lugar.
TERCIAS (Landoi)
TERCIO (Landoi)
O topónimo Tercias, frecuente en Galiza, e igualmente "Tercio" remiten a "cada unha das tres partes iguais en que se reparte un predio".
TIÑOSO, O (Landoi)
O topónimo "Tiñoso", que dá nome a este con, é de orixe incerta. Á primeira vista, sería derivado de "tiña", que aínda que noutros casos remite nun sentido figurado a un monte pelado, con calvas na vexetación, no caso dun con pode deberse ás manchas causadas polos excrementos de aves que aniñan ou se pousan neste con.
Alternativamente, podía derivar da base hidronímica paleoeuropea *tin-, derivada da raíz *ta- 'derreterse, fluír lentamente'.
Neste caso, ao se tratar dun con, calquera das dúas opcións poden encaixar, tanto a de "monte pelado" como a da idea hidronímica.
Bascuas analizou estes topónimos "Tiñoso", "Tiñosa", sen inclinarse totalmente pola prerromana, pero si postulou esta orixe para "Tiñaz" (lugar de Guitiriz) e para "Tiñade" (lugar de Ourol). Cf. p.105 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia".
TORTELA, A (Cariño)
Probablemente aluda a unha característica torta (curva) do terreo, ou dun regato que por alí pase, tal como ocorre no caso das Tortelas de Ribadeo.
É de notar que, aínda que Francisco Villar liga os topónimos "Tortela", "Tortilla" e similares co tema antigoeuropeo (prerromano) *tur-, tal como indica Edelmiro Bascuas, non hai razón para pensar nunha orixe alternativa á romance derivada do latín tortus (cf. E. Bascuas, 2006. "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
TRABE (A Pedra)
TRASENDE (Landoi)
Este toponimo pódese deber ao apelido dun posesor destas terras, ou ben a que houbo unha antiga uilla altomedieval (granxa, casal) neste lugar.
Aínda sendo orixinado por un apelido, ese apelido tamén sería detoponímico (facendo referencia a outro lugar con este nome). Coas consideracións anteriores, o topónimo ten a orixe nunha forma (uilla) Trasenandi, referindo un “possessor” Trasenandus, nome de orixe xermánica.
UREXAL, O (A Pedra)
Debe ser un fitotopónimo, aludindo á abundancia dunha planta. Pode tratarse dunha evolución de "orxal", remitindo a un lugar onde abunda o orxo (a cebada), ou unha falsa galeguización dun "urghal", pronuncia de urgal, derivado do latín ulicale 'lugar onde abundan as uces', tal como apunta o profesor Navaza para casos de Orxal (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).

É probábel que os frecuentes topónimos "A Trabe" remitan a unha árbore corpulenta da que se pode obter unha boa trabe (viga), sendo un uso como sinécdoque. O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra en Valcarría (Viveiro) un "Souto das Traves" que alude claramente a esta acepción de trabe.
Así, Silveira indica que en portugués "trave" significou en portugués "não só madeiro, mas também árvore que dá madeira” e cita toponimos como "Vale da Trava" e "Vale das Traves" (cf. J. da Silveira, 1940 “Notas sôbre a toponímia do concelho de Nelas”, O Instituto, vol. 97, nº 5).
Así mesmo, para a toponimia leonesa, Pascual Riesco indícanos que "trabe" tamén se poder referir á ‘árbore productora de vigas’, poñendo o exemplo de Vila-Real
de Tras-os-Montes, onde "trabota" é un ‘castanheiro novo, delgado e direito’ (cf. P. Riesco, 2011. "Testimonios toponímicos del léxico arcaico de las provincias leonesas).
Por outro lado, Bascuas apuntou que podería ter nalgúns casos relación co tema paleoeuropeo *traw-, presente en hidrónimos, cun significado por veces similar "a charca", e derivado da raíz indoeuropea *ter- 'frotar, atravesar'. No entanto, o termo "trabe" admíteo con dúbidas, ao non poder separar os casos relativos a hidrónimos daqueles, aínda que improbables potencialmente existentes, que derivarían do latín trabs/trabis 'viga', o significado "viga" en topónimos (cf. p. 329 de E. Bascuas, 2006. "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia".
Se examinamos os topónimos "Trabe" existentes en Galiza, dáse cunha alta frecuencia en hidrónimos (Poza da Trabe, Río da Trabe, Val da Trabe, Val das Trabes, Fonte das Trabes), o cal parece afirmar a relación de "Trabe" con hidrónimos.
TRASENDE (Landoi)
Este toponimo pódese deber ao apelido dun posesor destas terras, ou ben a que houbo unha antiga uilla altomedieval (granxa, casal) neste lugar.
Aínda sendo orixinado por un apelido, ese apelido tamén sería detoponímico (facendo referencia a outro lugar con este nome). Coas consideracións anteriores, o topónimo ten a orixe nunha forma (uilla) Trasenandi, referindo un “possessor” Trasenandus, nome de orixe xermánica.
UREXAL, O (A Pedra)
Debe ser un fitotopónimo, aludindo á abundancia dunha planta. Pode tratarse dunha evolución de "orxal", remitindo a un lugar onde abunda o orxo (a cebada), ou unha falsa galeguización dun "urghal", pronuncia de urgal, derivado do latín ulicale 'lugar onde abundan as uces', tal como apunta o profesor Navaza para casos de Orxal (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
Para este topónimo concreto, calquera das dúas interpretacións encaixa, pois trátase dun terreo mixto, ao pé do monte.
VACARIZA, A (Cariño)
O termo "vacariza" é recollido polos dicionarios de galego cos significados de "curtidoría de peles" e tamén co de "curral de vacas".
VAIOGAL, O (Sismundi)
Este topónimo ten a forma dun abundancial. Sería un lugar no cal abundan as vaiogas ou baiogas .. pero descoñecemos ese termo. Pode ter relación con baión 'espadana', e de baioal > baiogal, o cal non sería un paso estraño (lembremos os casos -oa>-oga, como "filloga").
VEDROS, OS (Cariño)
Xeralmente, "vedro" proviría do latín veterum "vello". Outra alternativa é significando o "monte de rozas", que se cava para cultivalo con trigo ou centeo.
Non podemos descartar tampouco que nalgún caso proveña do latín blitum, a planta Amaranthus blitum, chamada "bredo" ou "bedro". Nótese que, neste caso, vedro tería unha pronuncia con "e pechado". En efecto, Navaza recólleo na súa obra de fitotoponimia, indicando igualmente a imposibilidade en xeral de distinguir as diferentes acepcións (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
VIMBIAO, O (Landoi)
Este topónimo, que semella relativo a "vimbio", "vime", dada a terminación -ao, probablemente se refira ao nome do antigo posesor, que podería traballar con vimbios (paxes, cestas) ou, talvez máis probable, proceder dun veciño núcleo de poboación de Ortigueira que ten por nome "O Vimbieiro".

Non semella ter relación coa cor "baio" (< lat. badius), pois non tería moito sentido un abundancial de cor.
Poderíamos incluso interpretalo como forma deturpada por "Vellegal", pero non debe ser o caso, xa que o Catastro de Ensenada para a freguesía de Ourol (1753) recolle unha "fuente das Bayogas" (sic).
VEDROS, OS (Cariño)
Xeralmente, "vedro" proviría do latín veterum "vello". Outra alternativa é significando o "monte de rozas", que se cava para cultivalo con trigo ou centeo.
Non podemos descartar tampouco que nalgún caso proveña do latín blitum, a planta Amaranthus blitum, chamada "bredo" ou "bedro". Nótese que, neste caso, vedro tería unha pronuncia con "e pechado". En efecto, Navaza recólleo na súa obra de fitotoponimia, indicando igualmente a imposibilidade en xeral de distinguir as diferentes acepcións (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
VILAR, O (Cariño, Sismundi)
O termo "vilar" inicialmente indicaba unha explotación agraria situada na extremeira dunha uilla, da cal se vai progresivamente escindindo ou esguizando ata adquirir entidade propia" (Cf. p. 221 de C. Baliñas. "Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na Alta Idade Media (séculos VIII e IX)").
É moi probábel que na orixe de moitos dos topónimos baseados en "vilar" ou derivados proveñan de significados de carácter máis ben agronímico, máis que de núcleos habitados.
Porén, na actualidade, os dicionarios refiren a un "casarío", "aldea pequena, lugar pequeno", se ben tamén recollen o termo como "conxunto de terras a labradío, cercadas ou pertencentes a varios donos". Rivas Quintas rexistra en Vilalba a acepción "Conjunto de fincas que siguen los mismos cultivos, polígono de labradíos", e F. J. Rodríguez nesa mesma zona: "heredad grande, que descansa y se aplica a centeno [...], de varios partícipes". Unha acepción de Leandro Carré, que pasou logo para dicionarios posteriores, foi "Campo en barbeito ou restreva despois de recollido o froito".
VIMBIAO, O (Landoi)
Este topónimo, que semella relativo a "vimbio", "vime", dada a terminación -ao, probablemente se refira ao nome do antigo posesor, que podería traballar con vimbios (paxes, cestas) ou, talvez máis probable, proceder dun veciño núcleo de poboación de Ortigueira que ten por nome "O Vimbieiro".
XARELA, A (Sismundi)
Os dicionarios definen "xarela" como "persoa descarada e pouco formal no falar". Estaríamos, por tanto, diante dun topónimo que foi inicialmente aplicado á dona destas fincas. É unha posibilidade soamente.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outra Xarela en Ribadeo, así como un O Xarelo, núcleo de poboación das Pontes.
XISTO, O (Landoi -lugar de Cabanán)
O termo "xisto" está recollido por Rivas Quintas como "clase de granito (cf. DdD). No caso que nos ocupa, trátase dun lugar de monte, así que podería ser esa a interpretación; no entanto, descoñecemos o lugar específico polo que non podemos confirmalo.
ZARZA (Landoi)

O nome deste núcleo de poboación faría referencia ao apelativo "zarza", a planta comunmente chamada "silva". En efecto, "zarza", de orixe posiblemente prerromana, foi substituído en galego pola forma "silva", pero tivo vixencia antigamente. É, por tanto, un fitotopónimo, recollido por Navaza na súa obra de fitotoponimia (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega". 2006).
O Nomenclator rexistra outro "A Zarza" en Santa Cilla do Valadouro (Foz), así como outro en Muras.
Comments
Post a Comment